Daily Archives: 5 mayo, 2020

Descriptions ( clothes unit (2) 3rd grade). (Descripcións da roupa unidade (2) 3º curso) (enviar por e-mail)

Colour and write descriptions about clothes.

Colorea e escribe descripcións da roupa.

CLOTHES ( interactive activity 3rd grade) Actividade interactiva 3º non enviar por e-mail

https://es.liveworksheets.com/tz478hx

Activity for practicing online. At the end click on «terminado» and check your answers. (Do not send by e-mail)

Actividade para practicar online. Ao final preme en terminado e comproba a resposta. ( Non enviar por correo)

CLOTHES ( interactive activity 3rd grade) Actividade interactiva 3º non enviar por e-mail.

https://es.liveworksheets.com/fr7762zp

Activity for practicing online. At the end click on «terminado» and check your answers. (Do not send by e-mail)

Actividade para practicar online. Ao final preme en terminado e comproba a resposta. ( Non enviar por correo)

CLOTHES ( Interactive activity 3rd grade) Actividade interactiva 3º non enviar por e-mail

https://es.liveworksheets.com/nb8115xp

Activity for practicing online. At the end click on «terminado» and check your answers. (Do not send by e-mail)

Actividade para practicar online. Ao final preme en terminado e comproba a resposta. ( Non enviar por correo)

Letras galegas

Adentrámonos no mes de maio, o noso mes, o mes dxs galegxs.

Como cada ano, celebramos que a nosa terra ten lingua propia e emprendemos unha viaxe que nos permite coñecer aqueles trazos culturais que nos caracterizan.

Este ano adícaselle a semana das letras galegas ao autor:  Ricardo Carvalho Calero, un home que dende neno amosou a súa paixón pola literatura e que, a medida que foi medrando, foi creando os seus propios vieiros. Vieiros cos que chegar aos recantos do mundo enteiro.

Por este motivo, dende o CEIP Santa Baia, este ano queremos facer o noso propio vieiro. Un vieiro formado por todas aquelas verbas fermosas que o alumnado e as súas familias nos fixeron chegar… MOITAS GRACIAS!

Actividade letras galegas 2020

Prezadas familias:
De cara a celebración das Letras Galegas dende o EDLG propoñemos a seguinte actividade conxunta: BAIAVIEIRO NO MAIO DE CARVALHO, para a que contamos coa implicación de todos vós, alumnado e familias.
Tendo en conta as circunstancias especiais nas que nos atopamos e partindo do título dunha obra do autor homenaxeado este ano pola RAG, «Vieiros» de Ricardo Carvalho Calero, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio suxerimos crear un vieiro moi especial. Sería un mosaico de sentimentos e emocións en positivo, de palabras bonitas que nos axuden a manter a esperanza e sobrelevar esta situación de confinamento ocasionada pola pandemia, ata que recuperemos a «normalidade».
Cada nena ou neno debe elixir unha palabra positiva, esperanzadora, unha palabra bonita, de ánimo… (cadaquén ao seu nivel) que exprese un sentimento ou unha emoción (pode cooperar a familia ) e plasmala nun papel de xeito artístico e libre. Unha vez rematada a tarefa, faralle unha foto, na que posará o autor ou autora do traballo xunto co adulto/a que lle axudou a realizala –se for o caso e así o desexa-, procurando que a palabra elixida sexa ben visible.

Cada neno/a deberá enviar a foto ao seguinte enderezo de correo electrónico: santabaiaceip@gmail.com, e indicar neste o curso, grupo e etapa na que está escolarizado/a (por exemplo, 5º B de Infantil).  O prazo límite para achegala será o 8 de maio (incluído). Por cuestións organizativas, non se admitirán aquelas imaxes que cheguen con posterioridade a esta data. Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar na web.
Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar na web.
PD: Recoméndase ao alumnado que non se desfaga dese traballo por se se lle puidera dar outra finalidade didáctica nun futuro.

Moitas grazas polo voso esforzo e recibide un cordial saúdo.

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega

4 anos – Pete the Cat

Para aprender unha nova prenda (shoes) poden ver este conto. A canción é moi pegadiza, así que poden escoitala as veces que queiran:

Logo poden facer estas actividades interactivas (abrir en Google Chrome): https://es.liveworksheets.com/ip362534pm

3 anos – I want to be a monkey

Para seguir repasando as partes do corpo poden ver esta historia: https://elt.oup.com/student/daisyrobinandme/level01/videos/unit03?cc=global&selLanguage=en

Logo poden facer unha actividade interactiva (abrir en Google Chrome): https://es.liveworksheets.com/td347454hn

E poden escoitar esta canción con numbers e monkeys: