Monthly Archives: mayo 2020
Proposta de traballo do 1 ao 5 de xuño
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
Para esta semana propoñemos un xogo de mesa para realizar en familia: “o xogo da oca”. No seguinte enlace podedes ver o taboleiro para descargar (non fai falta imprimilo, será suficiente con que vaiades anotando nun papel o número da casiña na que se atopa cada xogador):
- https://drive.google.com/file/d/1kTDpWjlohKCf-NSNkH25hSCIGKlfafnv/view
Ademais, vos deixamos os enlaces a varios vídeos de sesións elaboradas pola mestra de Educación Física Berena Fontela
Esperamos que gocedes xunt@s destas actividades.
Apertas!!!!
Proposta de traballo do 1 ao 5 de xuño.
Lembrade ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
TAREFAS 3º, SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
O próximo día 5 celébrase o “Día do Medio Ambiente”,
propoñémosvos acceder a esta ligazón
https://www.un.org/es/observances/environment-day
para que leades o significado deste día e despois se accedes a esta outra https://www.un.org/es/observances/environment-day/stories
poderedes ver, escoitar ou ler moitísimas historias interesantísimas para comprender o noso planeta.
A nosa conta atrás está a chegar ao final. Ánimo que xa empezamos o último mes do curso!
Apertura prazo de solicitude de comedor
NOTA INFORMATIVA
SOLICITUDES DE PRAZA PARA A UTILIZACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 20/21
Seguindo o previsto no regulamento do servizo de comedor do Ceip Santa Baia, o vindeiro 01 de xuño abrirase o prazo de presentación de solicitudes de praza para a utilización do comedor escolar para o curso 20/21. O prazo permanecerá aberto ata o 30/06/20.
Modalidades de solicitudes:
1ª Os usuarios fixos do curso 2019/2020 interesados en utilizar de novo o servizo de comedor, deberán presentar a solicitude de reserva de praza (Anexo III).
2ª Os novos usuarios e os usuarios esporádicos do curso 2019/2020 deberán presentar a solicitude de praza (Anexo I).
As solicitudes deberán facerse NECESARIAMENTE a través do correo electrónico anpatorredegoians@gmail.com, tendo en conta que a orde de presentación pode influír na adxudicación das prazas.
Como consecuencia da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo Covid-19, para o retorno da actividade lectiva e apertura do Comedor Escolar, no tocante ós protocolos a seguir, medidas preventivas e aforo, estarase ó disposto na normativa e nas instrucións que a Consellería de Educación ditamine ó respecto.
Ligazón ó regulamento :
https://drive.google.com/file/d/1dZ3mdt39QF94cM93XsjIv0bv2ZGUhtmv/view
Atentamente,
A xunta directiva.
Art (4th grade) Kandinsky (enviar por e-mail)
Follow the instructions and draw the picture.
Art&English (4th grade) Kandinsky (non enviar por e-mail)
Quiz about Kandinsky. Choose the correct answer.
This time we are going to mix Art and English. This is a powerpoint presentation with questions about this famous artist. Copy the questions in your notebook and choose the correct answer.
Con esta actividade vamos a mesturar a asignatura de arte e inglés, a través desta actividade de elixir a resposta correcta. Copiarán as preguntas na súa libreta e elixirán a resposta que crean correcta. Pódese autocorrixir o exercicio, unha vez finalizada a actividade visualizando as últimas diapositivas saberás cales das túas respostas acertaches. Antes de comezar sería de axuda volver a ver o powerpoint anterior sobre Kandinsky onde se falaba sobre a súa vida e obras.
«I WANT TO BE A CHEF»
Enjoy this food story video!
https://elt.oup.com/student/mouseandme/level03br/videos/unit07?cc=global&selLanguage=en