Monthly Archives: mayo 2025

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46670

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2025/2026

ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (DOG do 15 maio de 2025)

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º E 6º de Educación Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Alumnado de sexto que non o realice de forma telemática, terá que realizar a xestión no IES ao que acudirá o próximo curso.

Abrangue dende o 16 de maio ao 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 11 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

Romaría letras galegas

O venres 16 de maio celebraremos a Feira das Letras Galegas con diferentes actividades e obradoiros, dos cales un será a recreación de dous maios, polo que solicitamos a colaboración das familias.

Necesitamos  (mimosas, hortensias…, follas variadas) para poder montar os maios, polo que aqueles/as que podan traer ao centro flores e follas, agradecemos a súa axuda.

Comezaremos a recollida a partires do martes 13, para ter todo o necesario para o venres.

Tamén precisaremos que traian o venres pola mañá colaboración para o posto BAIACOMIDA. Empanada, biscoito, pans… o que consideren axeitado para o nosa feira!

Esperamos que todo o alumnado desfrute da xornada e posteriormente subirase á páxina web fotos e vídeos de como foi a celebración para que as familias tamén podan ser partícipes.

Obradoiros e estacións:

  • BaiaCaricatura.
  • BaiaTraíña.
  • BaiaComida
  • BaiaPhotocall
  • BaiaMúsicas do mundo
  • BaiaMaios
  • Baia»Sargadelos»
  • BaiaChapa
  • BaiaReto (robótica)
  • BaiaXogos tradicionais
  • BaiaVídeoFeira

Reciban un cordial saúdo e gracias pola súa colaboración.

XI Carreira pola Diversidade

Estimadas familias:

Desde o colexio queremos convidarvos a participar na XI Carreira pola Diversidade 🏃‍♂️🎉, organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio de 2025 📅 ás 10:00 h 🕙 na explanada de Coroso (Ribeira).

Este evento ten como obxectivo promover a inclusión e a participación de persoas con e sen diversidade funcional 🤝, nunha xornada deportiva e solidaria aberta a toda a cidadanía 🏡.

A carreira ofrece distintas modalidades para adaptarse a todas as idades e capacidades:

🏃‍♀️ Categoría Absoluta Mixta (5 km)

🏃‍♂️ Zapatilla Inclusiva (5 km)

🏎️ Handbike e Cadeira de Atletismo

👧🧒 Carreiras Infantís (de 100 m a 2 km)

🚶‍♂️🐾 Andaina libre (3,33 km) – ideal para camiñar en familia… e tamén con mascotas!

As inscricións están abertas ata o 6 de maio ✍️ e pódense realizar a través desta ligazón:

👉 Inscrición XI Carreira pola Diversidade

Prezo de inscrición: 7,50 € 💶.

As provas infantís son gratuítas.

Tamén existe a opción de colaborar a través do «Dorsal 0» 🎗️, para quen queira apoiar o evento sen participar presencialmente.

Todo o recadado destinarase a actividades de lecer e respiros familiares para as persoas usuarias da Asociación Ambar 💛.

É unha oportunidade estupenda para vivir unha mañá diferente ☀️, fomentar valores de inclusión e compartir un momento especial entre alumnado, familias e comunidade educativa 🎓👨‍👩‍👧‍👦.

Animádevos a participar e a difundir esta iniciativa! 🎈

Para máis información:

🌐 Web: asociacionambar.org/carreira-pola-diversidade

✉️ Correo: correo@asociacionambar.org

☎️ Teléfonos: 981 87 44 80″