Monthly Archives: septiembre 2022

Miscelánea en movementos

Un proxecto piloto promovido polo concello de Boiro que propón actividades en movemento para persoas adultas simultáneamente con actividades específicas de igualdade para crianzas.

Para calquera dúbida ou información podedes contactar con Sabela (Axente de Igualdade- 981844800 ext 1234)

Anpa Torre de Goiáns, inicio curso

Estimadas familias,

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PREVISTAS PARA O PRESENTE CURSO

Sen outro particular, e agardando a vosa asistencia, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A xunta Directiva

Xuntanzas familias inicio curso

PRIMEIRO: Martes 20 ás 16:00h.

SEGUNDO: Martes 13 ás 16:00h nas respectivas aulas.

TERCEIRO: Martes 27 ás 16:00h nas respectivas aulas.

CUARTO: Martes 4 outubro ás 16:30h.

QUINTO: Martes 11 de outubro.

SEXTO: Martes 13 ás 16:30h nas respectivas aulas.

Inicio curso 22-23

O 8 de setembro comezan as actividades lectivas (calendario escolar).

O horario de entrada e saída ao centro será o habitual (prepandemia), de 8:45h a 13:45h.

Os portais de acceso ao recinto abriranse ás 8:35h, pero non se poderá acceder aos edificios ata a hora de inicio das actividades lectivas.

Aínda que o alumnado poderá acceder ao recinto por calquera dos portais, recoméndase: Infantil, portal sur; Primaria, portal norte e transporte escolar, portal rampla.

A entrada ao edificio seguirá sendo para 5º e 6º pola porta principal, de 1º 4º polo patio cuberto e a infantil polo túnel.

Persoal do Centro. Tivemos 5 baixas e 4 novas incorporacións.

PRIMEIRO DÍA

Seguirase o horario habitual (8:45h-13:45h) excepto nos cursos que comezan etapa. 4º de infantil seguirá o calendario do período de adaptación e o alumnado 1º de primaria (1ºA e 1ºB) recollerao ás 8:50h no patio cuberto a súas respectivas titoras para acompañalos a aula.

Recomendamos que vaian traendo o material escolar pouco a pouco, para non sobrecargar as mochilas.

XUNTANZAS INICIO CURSO

Infantil

Primaria

MATERIAIS DE AULA

Primeiro nivel

Segundo nivel

Terceiro nivel

Cuarto nivel

Quinto nivel

Sexto nivel

LIBROS DE TEXTO

A listaxe publicada en xuño é co que se traballará este curso.

PLANO DO CENTRO

Esta será a distribución das aulas do alumnado de primaria para este curso.

Tamén poden facer unha visita 360º.

Período adaptación 4º INFANTIL

4º infantil A

4º infantil B