Monthly Archives: junio 2014
XARDÍN DO ENSINO
INAUGURACIÓN ESCOLAR
O día 19 de xuño o Xardín do ensino do barrio de» Praia Xardín» empezou unha nova andaina, despois de ser recuperado como espazo da memoria e público para o barrio.
O proxecto desenvolveuse durante todo este curso escolar no noso centro, tal e como xa vos informarmos e publicamos aquí no mes de maio.
O acto estivo marcado pola lectura dun manifesto, cantigas de poemas de Xosé Mª Díaz Castro e Rosalía de Castro e finalmente a sinatura de todos/as os alumnos/as participantes en representación dos seus centros.
Este proxecto permitiu a colaboración dos centros de ensino Santa Baia, Praia Xardín e a gardería de Rosa coa AAVV e terá como remate final unha gran celebración o vindeiro sábado 21.
Animádevos a disfrutar dos actos e deste novo espazo!.
A partir de agora depende de todos/as mantelo coidado.
Fin de curso!!!!
As gravacións rápidas do alumnado!!!! Esperamos que o pasedes ben, aprendades e disfrutedes da música!!!!
Estes son os de 6º:
Con esta axudounos a profe de inglés…
Esta é un clásico da terra…
Os de 5º:
Os de 4º:
Xornal
A NOSA VISIÓN DO MUNDO
Por segundo ano consecutivo editamos o noso xornal escolar «CORREAULAS» que pretende dar a coñecer, a toda a comunidade educativa e aos veciños de Boiro, a realidade que nos chega a través dos medios de comunicación, reintepretada polo noso alumnado. Repartimos exemplares, para a súa lectura, en tódalas aulas do centro e en todos os edificios públicos do Concello (centros sociais, biblioteca muinicipal, centro de saúde e centro de día) e aquí podedes atopar unha pequena mostra do que nel atoparedes.ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UN VISTAZO!
Semana das letra galegas
Coa celebración da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS achegámonos ao momento máis relevante do curso escolar no que ao uso da lingua galega se refire.
Este ano fixémolo da man do poeta Xosé Mª Díaz Castro e de Rosalía que despois de 51 anos da celebración daquel 1º Día das Letras Galegas, volveunos a sorprender coa aparición duns poemas inéditos que podedes atopar no seguinte enlace:
http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/24863/IneditosPoeticos-RdC-RAG.pdf?version=1.0
aos que quixemos darlle un espazo destacado porque “Rosalía segue entre nós”.
Ao igual que fixo Díaz Castro amosando os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu e que con tanta intensidade latexan na súa obra “Nimbos”, nós tamén quixemos darlle importancia ao que nos rodea. De aí naceu a exposición “O Noso mar fala”:
VIDEO COLABORATIVO «PENÉLOPE»
(de Xosé Mª Díaz Castro)
Proxecto no que participou o noso centro.
Cooperación entre centros
COOPERACIÓN ENTRE CENTROS
O día 17 de xuño, un grupo de alumnos/as do 1º ciclo da ESO do IES Espiñeira, sorprendeunos coa súa representación teatral «A rebelión dos xoguetes».
Foi unha actividade moi enriquecedora na que os alumnos/as máis maiores compartiron con nós a súa creatividade e amosáronos valores que non debemos esquecer:
-colaborar nas tarefas da casa
-tratarnos coma iguais sen diferencias de xénero
-respectar o noso entorno
Foi unha experiencia fantástica!!!!!!!!!!!
Esperamos poder seguir colaborando no vindeiro curso con iniciativas coma esta.
AMIGOS DE PACHACÚTEC
Este proxecto permitiunos coñecer unha realidade distinta á nosa.
Un dos valores que nós queremos fomentar na educación é que o alumnado adquira unha maior competencia social e cultural e para iso é preciso que coñezan a súa contorna e o que hai máis aló dela.
Pachacútec é unha poboación do Perú coa que tivemos oportunidade de establecer contacto a través dun mestre galego que está a traballar nun colexio desa zona. Foi el quen nos proporcionou información sobre como é a vida alí e nós quixemos achegarlles a nosa realidade, ao seu alumnado, a partir dalgunhas das experiencias educativas que vivimos durante o curso.
Agora compartimos con vós o que alí recibiron! (Premer enriba para ver) Amigos de 2º B CEIP SANTA BAIA Presentación Magosto PERÚ