Monthly Archives: abril 2018

APRAZAMENTO DA MARCHA CICLISTA

II MARCHA CICLISTA ESCOLAR

 

Dende o departamento de Educación Viaria da Policía Local,  infórmaselle que debido a previsión de choiva para o vindeiro venres 13, decidiuse APRAZAR a II Marcha Ciclista para o VENRES 11 de MAIO, SEMPRE QUE AS CONDICIÓNS ATMOSFÉRICAS O PERMITAN.

 

Asemade recórdaselle, que tras reunión mantida coas empresas de autobuses encargadas do TRANSPORTE ESCOLAR,  dos diferentes centros escolares, estes finalmente AUTORIZAN A TRANSPORTAR A BICICLETA OU O MONOPATÍN, aos nenos usuarios do transporte escolar dende as propias paradas ata os colexios.

 

Os nenos NON traerán merenda ao colexio, xa que unha vez finalizada a marcha ciclista entregaráselle un bocadillo, unha froita, unha barriña enerxética e un botellín de auga. (Ao alumnado que ten algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria, entregaráselle outro tipo de merenda que será consensuada previamente cos seus proxenitores).

 

Tras varias peticións do alumnado, accedeuse a que os nenos e nenas de 4º que desexen participar en patinete en vez de facelo en bicicleta, poderán facelo de igual xeito.

 

Recórdaselle tamén que tanto as bicicletas como os patinetes deberán ter colocado de xeito visible o dorsal que se lle facilitou a cada participante no que figura o NOME, APELIDOS, CURSO E COLEXIO de cada alumn@.

 

QUEDAMOS A SÚA DISPOSICIÓN PARA CALQUER DÚBIDA QUE PUIDERA TER NO NÚMERO DE TELÉFONO: 981.848.484.

 

2º QUENDA… Froita fresca na escola!

 

Froita fresca 2ªquenda

Nova distribución de zonas para a entrada-saída do alumnado

Informamos dun pequeno cambio na distribución do patio cuberto do edificio de Primaria.

Con este cambio intentamos axilizar a entrada do alumnado e mellorar a organización á saída.

Por favor, respeten as zonas que están reservadas ao alumnado para non entorpecer a entrada-saída do edificio.

Proposta de colocación do alumnado2

GRACIAS

Taller: ROSQUILLAS E GALLETAS

Prezadas familias:

Dende a ANPA ofrecémosvos o  taller “ rosquillas e galletas”. No taller  as nenas/os acompañados dun familiar van disfrutar  amasando e elaborando os productos, guiados por Silvia e Paula. Con isto  os máis pequenas/os  aprenderán receitas novidosas. O taller vai ter unha duración aproximada de 2 horas, ao rematar degustaranse os postres elaborados. O curso terá un custe  por parella de 4€  socios, (non socios 6 euros.)

O taller vai realizarse o venres 13 de Abril de 18:00 a 20:00 horas, na Cociña do colexio, o número de prazas é limitado (15 nenas/os + 15 familiares),  polo que se pide ás familias que se anoten antes do día  11 de Abril inclusive.

O taller abonarase en horario de oficina da anpa o martes 10 de de abril de 8:45 a 11:00.

 

Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono:

Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856.

Un cordial saúdo:

A Xunta directiva