Category Archives: Convivencia e inclusión.
Para a mellora da convivencia no centro
Estimadas familias,
Pasado o ecuador do curso e con 4 meses por diante cremos necesario compartir unhas observacións que poden contribuír a favorecer a convivencia de toda a comunidade educativa:
- Respectar os horarios de entrada e saída do centro, evitando a permanencia dentro do recinto escolar máis tempo do necesario para deixar e recoller ao alumnado.
- Á hora da saída, agradecemos que as familias esperen detrás das columnas, deixando espazo para a saída das filas, circulación do alumnado de transporte, comedor, …
- Ao remate do horario lectivo, 13:45, o alumnado non pode acceder á aulas, salvo que conte co permiso e sexa acompañado polo persoal do centro.
- As familias non teñen acceso ás aulas salvo que vaian desenvolver unha actividade ou teñan unha reunión coa persoa titora ou especialistas, e sempre con comunicación previa.
- O alumnado de educación infantil que chegue ao centro pasada a hora de entrada, ten que pasar por secretaría para que sexa o persoal autorizado o que o acompañe á súa aula.
- Respectar os espazos de acceso ao recinto escolar, non ocupando ás entradas e saídas de vehículos, e empregando as indicadas segundo sexamos peóns, accedamos con bicicleta, patín, …
- Non acceder ao recinto escolar con coches particulares, salvo caso de necesidade por situación de dificultade de mobilidade temporal e previa solicitude na secretaría e autorización da dirección do centro.
- Os portais de acceso ao recinto escolar teñen un horario de apertura e peche, agradécese non traspasalos cando estean nunha destas accións. A entrada e saída pódese realizar pola porta pequena premendo no timbre cando estea pechada.
- As friameiras e outros envases empregados para a merenda deben estar ben etiquetados para favorecer que o alumnado se faga responsable e autónomo no seu uso.
Agradecemos a vosa colaboración e respecto,
A dirección
Día Internacional das persoas con (Dis)capacidade.
O pasado 3 de decembro conmemorábase o “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”. Tal e como proclama a ONU, o obxectivo desta celebración é o de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
En cursos anteriores, varios grupos de alumnado do noso cole participaban, xunto a escolares doutros centros educativos do concello, dunha festa organizada pola asociación AMICOS. Mediante xogos, teatro, contacontos, … e outras actividades con carácter lúdico, o noso alumnado poñía a proba as súas capacidades experimentando distintas situacións: salvar obstáculos nunha cadeira de rodas, identificar alimentos polo seu olor, discriminar obxectos pola súa textura, … e todo coa finalidade de sensibilizar sobre a diversidade de capacidades. E comprender que esa diversidade é a que axuda a completar o crebacabezas da nosa sociedade.
Dada a situación socio-sanitaria actual, no presente curso académico non foi posible a celebración conxunta desta experiencia; sen embargo, o propio xoves 3 e os días da seguinte semana, na hora do recreo, algún grupo de alumnos e alumnas do cole puideron participar coa experimentación dalgún destes xogos adaptados.
Unha mostra desta celebración queda recollida no vídeo que vos compartimos. Xogando co PACK LÚDICO que a Asociación AMICOS nos facilitou, celebramos así a 3ª edición do
Baia Espazos
A necesidade de chegar a satisfacer as necesidades lúdicas de todo o alumnado, levou á creación de distintos espazos que inviten á interacción, fomenten a súa creatividade e fomenten a súa socialización. Algúns dos espazos xa están creados, outros atópanse en proceso de instalación e outros en fase de elaboración. Quedan recollidos nestes espazos aspectos tan importantes para o desenvolvemento integral das persoas tales como: motricidade fina e grosa, experimentación sensorial, creatividade, imaxinación, lectura, xogo, socialización, …
O primeiro destes espazos foi o RECUNCHO DE ARTE EFÉMERA, un encerado onde o alumnado pode expresar as súas creacións sabendo que terán pouca permanenza no tempo.
O MURO DE ESCALADA HORIZONTAL, resultou un éxito comprobado desde o día da súa instalación.
Para aquel alumnado con interese pola lectura e con ganas de saír ao aire libre, foi polo que se creou a BIBLIOPATIO, os encargados saen ofertando lectura rápida para o tempo que dura o recreo.
BAIAXOGOS
Canta cor ten o noso patio, fixástesvos? Pois aínda lle poremos máis, tempo ao tempo. Polo de agora, e para todo o que non percorreu o patio escalando, percutindo, saltando e … xogando, faremos unha presentación rápida de cada xogo:
A MARIOLA AFRICANA ten o seu propio baile tal e como se amosa no vídeo https://www.facebook.com/1860352394191703/videos/2357712997783324/pero nos adaptámolo para que o alumnado baile ao ritmo do famoso “KOKOLEOKO”, ou de calquera canción que eles decidan.
Na zona da rampla que nos dirixe ao ximnasio, atopamos uns pés de cores que nos invitan a saltar xirando como vaian marcando. A este xogo coñecémolo como BIGFOOT, invitámosvos a que o probedes.
Quen de pequeno non xogou ao ENREDOS?… man dereita ao azul, pé esquerdo ao amarelo, … Creo que os recreos de chuvia resultarán un pouco máis dinámicos con este xogo, irémolo vendo.
Un clásico, tendo unha pedriña ou calquera outro obxecto na man sérvenos para marcar en que número estamos e de quen é a quenda… certo é que xa levaba tempo pintada no patio cuberto, pero desta volta pintáronselle os números, algo de matemáticas non esta mal. O xogo do que falamos é a ESTRÍCOLA, mariola ou “rayuela” segundo sexa a nosa orixe xeográfica.
Por último, de momento, presentarvos o FÚTBOL DIANA, non é máis que dar “balonazos” contra unha parede, pero gardando a quenda, elixindo o punto de tiro e intentando darlle algún dos números.
Accesibilidade cognitiva
Por que hai tantos debuxos polo centro? Cremos necesario que toda a información en canto a organización, espazos e actividades sexa accesible, é dicir que chegue ao conxunto da comunidade educativa. Favorecendo con esta medida a inclusión no contexto escolar. A seguinte definición esta collida do documento “Pictografiar un centro educativo” aloxado en https://aulaabierta.arasaac.org/pictografiar-un-centro,define a ACCESIBILIDADE COGNITIVA, razón pola que hai tantos debuxos – pictogramas polo cole.
Se considerades necesario máis información gráfica nalgún punto, encantaríanos que nolo fixerades saber.
DÍA DA CONCIENCIACIÓN MUNDIAL SOBRE O AUTISMO
A xornada do martes resultou moi novidosa e satisfactoria para toda a comunidade educativa. Ademais da importancia de cara a INCLUSIÓN, DIVERSIDADE e VISIBILIDADE da que falaba (minuto 0:35 a 0:50) o actor Jesús Vidal, ao recoller o Goya pola súa participación en “Campeóns”https://www.youtube.com/watch?v=hq0Kpm7yvfM, case 5 minutos de sinxelas e sinceras palabrassobre a diversidade.
Volvendo á nosa xornada… a actividade dou comezo ás 9:40 e tras visitar cada unha das estacións preparadas rematou ás 12:55, facendo unha pausa durante o recreo.No seguinte vídeo deixase de manifesto o que dou de si a xornada:
E contamos con axuda!
Un dos espazos que máis conflitos xera durante as xornadas lectivas é o patio de recreo, a ditadura do balón, a falta de variedade de xogos, as dificultades para as interaccións, … lévannos a reformular o espazo do patio.
Por un lado, a existencia do programa patios y parques dinámicos, creado por Gey Lagar https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-din%C3%A1micosfacilítanos o labor e ponnos no camiño para introducir novos espazos lúdicos no patio ademais de facilitar o acceso a estes xogos ao alumnado con dificultades para a interacción con outros nenos e nenas.
Os PATIOS DINÁMICOS é unha actuación iniciada o curso pasado, tras a asistencia dun grupo de mestres a unha formación que a súa creadora Gey Lagar
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/05/03/recordamos-companero-jugaba-patio/impartiu na asociación AMICOS. Desde entón, e en colaboración coas monitoras e dous usuarios desta asociación, os recreos de todos os xoves corresponden a patios dinámicos. Xogos variados e adaptados, repartidos por unha zona do patio e anticipados no PANEL DOS PATIOSinvitan a xogar e desfrutar, evitando a competitividade e procurando que todo o alumnado que o desexe poida participar, entenda o xogo (apoios visuais informan do modo de xogar) e interactue cos iguais.
Os pasados 13 e 14 de febreiro, Gey Lagar visitou o noso patio, e desta visita deixou constancia na páxina “Patios y Parques dinámicos” que ten no facebook:
E o seguinte enlace, amosa ao CEIP Santa Baia xunto a outros coles no mapa de implementación do programa en Galicia.
2 de abril, día do autismo
O próximo martes, realizaremos unha xornada para a concienciación sobre a vida das persoas con autismo. Entre outras actividades, terán a oportunidade de compartir con nós un rato no Centro(de 10:00 a 11:00h). Se queren participar, teñen que persoarse na aula de música ás 9:45h.
Neste enlace poden ver un resumo de todas as actividades
NON SE ESQUENZAN DE VESTIR DE AZUL!!!!! A cor que se institucionalizou para dar visibilidade ao autismo.
No centro (e na vida) convivimos con persoas con autismo. Intentar poñernos na súa pel, pode axudanos a comprendelos mellor.
Sube o volume do teu reproductor todo o que poidas, para que sexa unha experiencia más cercana.
Seguimos dando pasos…
A necesidade de que os avisos, sobre todo os de evacuación, chegaran a todos os recunchos do centro foi o que levou ao cole a instalar un sistema de MEGAFONÍA. Con ela, ademais de substituír o estridente son dunha serea de fábrica, por música como aviso para entradas, saídas e cambios de sesión, tense previsto realizar actividades como:
- Formación cultural-musical; creando listas de canción por temáticas concretas (anos 70, tradicional galega, rock…) e explicando as características do estilo e da época e facéndollas chegar a toda a comunidade educativa.
- Implicación da comunidade educativa, dando a oportunidade a todos de facer as súas achegas. O alumnado de cada aula ten a opción de elixir a canción que pechará cada semana. Este sentimento de participación axuda a un mellor concepto do entorno escolar e crear vínculos que melloran a convivencia.
- Mensaxes/instrucións durante os exercicios de evacuación.
- Creación dun espazo “radiofónico” interno: BAIARADIO, que vai aloxando cada un dos seus programas no blog de BAIABIBLIO:http://baiabiblio.blogspot.com/.
Primeiros pasos…
Son varios os elementos decorativos que atopamos polo noso cole. Tanto os que están como os que iremos presentando, teñen como finalidade mellorar a convivencia, a comunicación, a inclusión e o respecto de todas e todos os que compartimos este espazo educativo.
Un dos primeiros elementos en aparecer foron as CAIXAS DE CORREO DA CONVIVENCIA que atopamos nos dous edificios, no de infantil e no de primaria.
Coa axuda desta presentación (crear vínculo se fora posible) entenderemos o seu sentido.
Medos, inquedanzas, propostas, desexos… como che gustaría que fose o teu colexio… ou que cousas precisas cambiar para estar contento no Centro… todo isto e máis ten voa acollida nesta caixa.
Farase unha revisión periódica do seu contido para intentar darlle solución.
Para facilitar a interacción do alumnado que máis dificultades atopa para relacionarse e conseguir ter un tempo de recreo pleno e agradable foi polo que se creou o BANCO DA AMIZADE.
Querid@s AMIG@S! Son o banco da amizade, que raro soa isto, verdade? Explícovos… Teño dúas función fundamentais das que todas o todos nos podemos beneficiar. | |
PUNTO DE ENCONTRO. Serei un banco no que poderedes buscar compañeir@s de xogo, axudareivos a reunir e buscar xente coa que compartir os vosos recreos. | |
PACIFICADOR. “Si o que queres é un problema solucionar, o cuíño no meu banco deberedes sentar”. Poderedes falar sobre o problema que vos levou a estar en desacordo e chegar a unha solución que vos beneficie a ambos. |
O CONSELLO DOS NENOS é o espazo no que todas as opinións serán escoitadas e a comunicación farase máis eficaz. Unha convocatoria anunciará aos e ás representantes de cada aula para participar no encontro que cada mes terá lugar e no que se debaterán os temas de máis actualidade, correspondentes á vida do centro. A través do seguinte vídeo poderás comprobar a súa aplicación práctica: https://www.youtube.com/watch?v=3Scre_Hyv4M&t=1s .