Monthly Archives: diciembre 2023
Chega o Nadal!
Boas Familias,, antes de chegar as festas gustaríame compartir con vos algunhas das tarefas feitas neste mes, e algúns consellos sobre o chamado RSL ( Retraso Simple da Linguaxe ). Durante decembro, fixemos tarefas variadas para rematar o trimestre entre as que destacan as seguintes como podedes ver nas fotos adxuntadas :
1 ) Conciencia fonolóxica xogando a : que son é o comezo da imaxe ? . Esta actividade e das máis importantes na Educación Infantil coma requisito previo da lectoescritura , posto que estamos a traballar a conciencia fonolóxica e os sons que inclúen as palabras antes de pasar as grafías e a linguaxe escrita.
2 ) Principio Alfabético e Velocidade de denominación : Nesta actividade afianzamos a conversión fonema e grafema e traballamos a velocidade de identificación anotando os tempos e melloras. Sempre comezamos por vocales e posteriormente por grafías traballadas no orden que seguen na aula ordinaria.
3 ) Lectoescritura e grafía: Traballo de vocabulario e grafía mediante elementos multisensoriais como bolígrafos de metacrilato e mesa de luz.
4) Organización de morfosintaxis mediante el PROLÉXICO.: Elaboración de frases e oracións.
5) Tarxetas dos desexos do Nadal que o alumnado levará a casa para colgar na árbore.
Unha vez comentadas algunhas das actividades do mes, gustaríame farlarvos de maneira moi breve sobre o RSL e a súa importancia. O Retraso Simple da Linguaxe caracterízase por un retraso na linguaxe e unha evolución non acorde ao que lle corresponde por idade. Este RSL afecta a todas as áreas e conleva unha evolución máis lenta sen consideralo un trastorno ou patoloxía. O interesante do RSL é que case non ten repercusión sobre a aprendizaxe da linguaxe escrita .
¿ Cómo familias como podedes detectalo ? Ollo! : linguaxe un ano o máis tarde do normal por idade, dificultades na expresión e na fala máis que na comprensión e dificultades para emitir sons .
Consello: Detectalo canto antes posto que mellora moitísimo a súa competencia lingüística cunha boa intervención . Tamén e moi necesario falar e xogar o máximo posible cos fillos/as con verbas, cancións, xogos da fala, contos e outros , reducindo o máximo posible o uso de pantallas.
COP28
Queremos feitos, non palabras vacías.
O estudantado galego levantámonos e manifestamonos para esixir unha vida digna e sostible. Esiximos a todos os gobernos que cumpran co seu deber de protexer a vida e o futuro de todas as persoas. Esiximos unha resposta contundente contra a crise climática actual, a través dunha transformación sen precedentes que nos poña no centro ás persoas, a ciencia, a saúde, a redución das desigualdades e a xustiza
climática.
O ano 2023 converteuse no ano máis caloroso da historia da humanidade, tras o 2022 con récords sen precedentes, os efectos do cambio climático xa impactan de forma desastrosa en millóns de persoas en todo o planeta.
As olas de calor, as secas extremas, as choivas torrenciais, os incendios forestais… están a causar miles de vítimas mortais. Numerosas perdas e danos que se dan especialmente nas mulleres, colectivos e países máis vulnerables, cuxa responsabilidade histórica ante a emerxencia climática é moi pequena ou
inexistente.
Isto non é xusto. Non é xusto.
Non é xusto que mentres as poderosas empresas tanto nacionais como internacionais obteñen miles de millóns de euros a nosa conta aumenten os efectos da crise climática e as desigualdades.
Esiximos:
● Coidar a auga como o ben público escaso que é. Conforme a sequía aumenta, debemos apostar por unha adecuada xestión e tratamento da auga urbana, e agrícola. Esiximos combater o exceso de regadíos e pozos ilegais, defender ecosistemas clave como o de Doñana, e evitar as infraestruturas que a malgasten asegurando que toda a poboación estea abastecida.
● Poñer como eixe clave na loita contra a crise climática o coidado da nosa saúde,seguindo a estratexia One Health da OMS. Centrarse en disminuir a contaminación atmosférica que cada ano mata a máis de 44.000 persoas só en España, e apostar por unha sanidade pública de calidade.
● Reforzar o transporte público, impulsar as zonas de baixas emisións e un modelo ferroviario que vertebre o territorio e enfríe o planeta.
● Promover un sistema de redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, e elaborar un plan de peche progresivo das incineradoras, moi contaminantes e casualmente colocadas preto dos barrios máis populares.
● Aposta clara pola xustiza climática. Debemos loitar polos dereitos de millóns de persoas que se viron na obriga de abandonar os seus fogares ao redor do mundo,e destinar fondor internacionais que subsanen as perdas e os danos dos países de comunidades vulnerables, sen agravar as débedas dos países
do sur. España non cumpre con estes compromisos de financiamento.
● Que os gobernos combatan o poder dos lobbies económicos que se enriquecen a través da crise climática. Acabar coa pobreza enerxética e parar as infraestruturas contaminantes que profundan no problema.
● Adaptarnos á crise climática creando cidades resilientes e habitables, en lugar de illas de calor e asfalto onde as poucas zonas verdes existentes son deforestadas en pos de proxectos urbanísticos propios doutro século. Esta é xa unha esixencia dos nosos compromisos internacionais e do acordo de
París, para os cales España non debe quedar atrás.
● Queremos recibir unha educación medioambiental sobre os efectos da crise climática porque é algo que nos afecta e nos importa.
Por todo iso, no marco do chamamento internacional mobilizámonos como persoas afectadas e en solidariedade cos países do Sur global máis impactados pola crise climática.
Mentres os gobernos mundiais reúnense en Dubai na COP28, a xuventude e outros colectivos unímonos nesta mobilización porque nos preocupa a falta de ambición e as malas prácticas dos diferentes gobernos e a cobiza das grandes empresas e a industria fósil.
Reclamamos o respecto aos dereitos de liberdade de expresión e reunión, na COP28 e en todo o mundo, así como a liberación das persoas presas en EAU por exercelos. Esiximos que se inicien de forma inmediata os cambios necesarios para afrontar a crise climática nas políticas enerxéticas, urbanas, agrarias, sociais e económicas que protexan ás persoas, especialmente ás mulleres, e ao planeta
fronte ás múltiples agresións que nos deixan cada vez máis expostas ante “as portas do inferno climático”, en palabras do Secretario Xeral de Nacións Unidas.
En síntese, esiximos e rogamos hoxe día 5 de decembro do ano 2023 e sempre que se nos escoite. Pedimos e reclamamos aos gobernos que escoiten as voces de rapaces e rapazas que se mostran desasosegados ante a alarmante situación do noso planeta. Non nos ides parar, non nos ides calar, estades poñendo en risco o noso presente e o noso futuro. Porque como dixo Greta Thunberg os adultos non sodes o suficientemente maduros para decir as cousas como son, incluso esa carga nola ides deixar a nós, os nenos.