Monthly Archives: marzo 2015

LIMONADA DA CASA

Así despedimos a 2ª avaliación!

Non queremos medio ambiente, querémolo enteiro!

Ademáis de astrónomos, esta semana tamén fixemos de ecoloxistas. A pesares de que o gran Eclipse centrou a maioría da nosa atención, non nos quixemos esquecer de celebrar o Día Mundial da Auga.
Aquí queremos amosarvos un pouco do MOITO que traballamos os nen@s de 3º!

AXUDAMOS NO COIDADO DO ACUARIO: Mantemento

Todo o cole aprendeu como de complexo é coidar e manter un gran acuario como o que temos. E non só isto, senón tamén a practicar un pouco as estimacións: Cantos litros de auga ten a noso acuario? Dende logo, o que sí nos quedou claro é que non andamos moi «finos» á hora de atinar nas estimacións. Ata houbo algún mestre que reconstruíu un acuario con cartóns de leite!! 🙂

Pero como aos alumnos/as de 6º gústalles compartir todo o que van aprendendo, a continuación presentan algúns dos seus traballos onde nos explican brevemente, pero sen descoidar ningún dato relevante, cales son os pasos necesarios para facer esta labor diaria.

Powered by Issuu
Publish for Free