Monthly Archives: febrero 2022

5ª ENTREGA DO «DÍGOCHO EU» METEOROLÓXICO

Aquí vos deixamos unha nova entrega con gráficas comparativas de diversos parámetros meteorolóxicos manifestados no que vai de mes que nos axudan a interpretar o que foi febreiro meteorolóxicamente falando.

GREAT COLLABORATIVE EXPERIENCES

Video elaborado para compartir nos proxectos europeos Erasmus KA101 e eTwinning «SOCIAL INCLUSION» onde se recopilan, entre outras, certas colaboracións con asociacións de persoas con diversidade funcional.

TRADITIONAL ACTIVITIES

Video elaborado para o proxecto Erasmus KA101 que recopila oficios típicos e actividades tradicionais que se levaron a cabo no noso centro e así poder compartilas con outros colexios de Europa.

Día de Rosalía, 23F

Vídeo resumo das actividades realizadas:

INFANTIL

Diversas caricaturas de Rosalía de Castro.

O alumnado de infantil… debuxamos á homenaxeada!

PRIMEIRO

Fixemos unha canción cun poema de Rosalía.

Cantamos a Rosalía acompañados dunha marimba e dos paus de chuvia.

SEGUNDO

Os de segundo, celebramos o seu día coa súa poesía

TERCEIRO

Decoración de pensamentos coa cara de Rosalía como foco central nos que aparecen palabras/versos dos seus poemas.

CUARTO

Recompilación de fotos e historias sobre a emigración, tema moi recurrente na obra de Rosalía. Realizarase unha exposición con este material na Romaría das Letras Galegas en maio.

QUINTO; poema musicalizado de Rosalía «O Craustro»

O Craustro, gravado o 19 de febreiro de 2022. Voces alumnado 5º primaria, guitarra mestre Sergio Somoza.

SEXTO

Poemas ao estilo e temáticas de Rosalía escritas polo alumnado de sexto.

https://drive.google.com/file/d/13lsNNLXU0MCMo9mN5yjqaC5v81sa-Ub5/view?usp=sharing

ENTROIDO 2022

Este ano imos celebrar a Festa do Entroido seguindo os mandatos do Felipiño, como vén sendo tradición neste colexio:

            .- Luns:           …pon ALGO NA CABEZA,

                                   non se che esqueza.

            .- Martes:         …adorna o teu PESCOZO,

                                   con algo ben fermoso.

            .- Mércores:     …porás uns CALCETÍNS DE CORES

                                   para poder brincar polos arredores.

            .- Xoves:         …ven cun PIXAMA,

                                   e non farás a cama.

            .- Venres:         ...no venres de Entroido

                                   todos imos desfilar

                                   lucindo os nosos disfraces

                                   sobre a nosa contorna sen igual.

O venres, 25 de febreiro, por mor das circunstancias actuais, non poderemos disfrutar do tradicional pasarrúas, polo que desfilaremos dentro do recinto escolar. O alumnado poderá traer merenda de entroido (filloas, orellas, rosquiñas…) e bebida, que será de consumo individual. As celebracións faranse na aula, sen mesturas de grupos de convivencia.

  • Colocarase o Felipiño na entrada do colexio, anunciando os mandatos de tódolos días.
  • Anunciarase por megafonía cada mandato antes da saída diaria.
  • Os mandatos do Felipiño serán acumulativos cos complementos diarios.
  • Ambientarase a entrada do colexio con serpentinas e globos.

Cando as pantallas educan

ÚLTIMO FALADOIRO

12 de MAIO ás 18:00h no salón de actos da Casa de Cultura «A Cachada» (sen inscrición previa 17:45h)

ESPAZO FAMILIAS BOIRO

No mes de febreiro comezaron en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saudable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC). 

Trátase dunha iniciativa organizada por Espazo Familias Boiro a través da súa Escola de Nais e Pais (ENAPA) colectiva na que colaboran economicamente o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) pertencente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Boiro. O título das xornadas: Cando as pantallas educan.

Formación tecnolóxica básica «PARA FAMILIAS»

Moitos dos trámites coa administración, incluído centros educativos (aula virtual, admisión alumnado, axudas…), non tardarán en ser só telemáticos. Nesta formación poderán iniciarse nestas ferramentas útiles para as xestións onLine.

Para máis información e inscricións teñen o contacto no cartazo.

Baia Radio DÍGOCHO EU!

Alumnado de 4º curso 23/24, Baia Radio xaneiro
Alumnado de 6ºC e 6ºA curso 22/23, CEIP Santa Baia
Mestras e mestres do EDLG curso 22/23, CEIP Santa Baia
Alumnado de 6ºB curso 22/23, CEIP Santa Baia
Alumnado de 6ºA curso 22/23, CEIP Santa Baia
Cuarto A primaria curso 22/23, CEIP Santa Baia
Quinto B de primaria curso 22/23, CEIP Santa Baia
Segundo de primaria curso 22/23, CEIP Santa Baia
Quinto C, 22/23 CEIP Santa Baia

Último programa curso 22/23.

Baia Radio 15

Baia Radio 14