Category Archives: 6º
Información do IES A Cachada

Prezadas familias,
Comeza o prazo de solicitude de préstamo de libros para o curso 2020/2021, para o que é necesario chamar ao IES A Cachada (teléfono: 881866717)e solicitar cita previa. Poden comezar a chamar o luns, 25 de maio, a partir das 9:00 da mañá.
Poden consultar á información relacionada na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/
Importante: Soamente poderá solicitar o préstamo de libros o alumnado que ten reserva de praza non o que realizou o procedemento de admisión.
Un saúdo.
Equipo directivo (IESP A Cachada)
O alumnado de 5º e 6º… eDixgal
Material Escolar 6ºNivel
O alumnado de 6º tentará na medida do posible reutilizar o material do ano pasado.
Libretas, bolígrafos , regras, compás, …
Traerán a maiores, un paquete de folios de de 100 de 80grs e un paquete de toalliñas.
As/os titoras/es