Monthly Archives: enero 2015
Seguimos coñecendo ós nosos veciños
Agora será o alumnado o responsable do mantemento do noso acuario. Para poder levar a cabo tan importante misión, tomaron boa nota do procedemento a seguir.
Tamén comezaremos cas entrevistas para coñecer mellor o que sucede na nosa ría e no complexo de Corrubedo, que se atopa dentro da Rede Natura 2000.
Podes seguir traendo inquilinos ó noso acuario, buscamos peixes pequenos para completar o noso pequeno hábitat mariño.
Mantemento acuario
Colaboran co acuario – Escolas en Acción
Podedes seguir todos os proxectos seleccionados para este ano «ESCOLAS EN ACCIÓN» neste
https://escolasenaccion.wordpress.com/
https://escolasenaccion.wordpress.com/
A M——… gracias Lois e Juan!!!
Melloramos o noso cole!
A verdadeira Educación para a Cidadanía é intentar mellorar todo o que está ao noso redor. Nesta ocasión a nosa misión foi pensar e elaborar normas e consellos cívicos para que non se produzan accidentes no noso cole.
Coma sempre… pasen e vexan! 🙂
6º C visitamos aos nosos ex-profes!!
Hoxe fomos ata o CEIP Praia Xardín para visitar aos nosos ex-metres, Vilas e Francisco. Cando chegamos xa nos estaban esperando para levarnos ata a aula de audiovisuais. Non sabiamos porque querían que fóramos ata alí… e a nosa sorpresa foi que nos proxectaron un vídeo con fotos nosas de cando estábamos en 1º e 2º. Algúns de nós emocionamos moito posto que nos fixo lembrarnos do ben que o pasamos con eles. Non conformes con isto, ata nos deron unhas «chuches»!
Pasámolo xenial e dende aquí querémoslle dicir que foron (e temos constancia de que o seguen sendo) uns profes xeniais!!
Grazas por todo!
Vaia vaia cos artistas do BAIA!!
BAIA MUSEO
Os alumn@s do Santa Baia son uns auténticos artistas! Agora «déuselles» por coller a brocha fina e facer cadros tendo en conta unha diversade de pintores, na súa maioría galegos.
Pasen e vexan!