Monthly Archives: marzo 2024

Tarefas 20-22 marzo

Boas, por se algún se despistou coas tarefas esta semana.

Estivemos traballando paralelamente a homenaxe ao escultor Francisco Asorey polo día das Artes Galegas(1 de abril) e os contidos pendentes deste trimestre.

Por se algún se despistou, déixovos as tarefas aquí á vista. Moitas delas xa deberían telas rematadas.

LINGUA:

  • Exercicios s/e (sen enunciado) das páxinas 142 e 143 do libro de texto.
  • Escribir unha estrofa de 4 versos octosílabos

LENGUA:

  • Leer y ejercicios s/e de las páginas 132,138 y 139.

C. NATURAIS:

  • Esquema/mapa mental páxinas 74 e 75
  • Exers. s/e das páxinas 82 e 84

C. SOCIAIS: ler e exers. s/e páxs. 72-75

Secretaría en Semana Santa

Aberto o prazo para a entrega de documentación complementaria ao proceso de admisión.

LUNS DE 10:00h a 13:00h a secretaría do centro estará aberta.

SAÚDOS

PUNTO LARANXA

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así
como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e
tratamento d o acoso e ciberacoso escolar , co fin de dar resposta a este tipo de
situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado
Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico onde
calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible
acoso ou ciberacoso escolar.

No noso centro está instalado na entre as portas de entrada, e en breve tamén se habilitará un PUNTO LARANXA VIRTUAL na web do Centro.

OBRADOIRO POESÍA CREATIVA

OBRADOIRO DE POESÍA CREATIVA con… RODRIGO CHAO

20 marzo de 16:00 a 18:00h – CEIP Santa Baia

Na Biblioteca do cole vaise realizar un obradoiro o mércores 20 de marzo en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

O obradoiro está destinado ao alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para participar, haberá que apuntarse na Secretaría do cole desde o venres 15 ata o martes 19 de marzo. Serán seleccionadas as 20 primeiras persoas que se apunten.

Animámosvos a participar!

Para a mellora da convivencia no centro

Estimadas familias,

Pasado o ecuador do curso e con 4 meses por diante cremos necesario compartir unhas observacións que poden contribuír a favorecer a convivencia de toda a comunidade educativa:

  • Respectar os horarios de entrada e saída do centro, evitando a permanencia dentro do recinto escolar máis tempo do necesario para deixar e recoller ao alumnado.
  • Á hora da saída, agradecemos que as familias esperen detrás das columnas, deixando espazo para a saída das filas, circulación do alumnado de transporte, comedor, …
  • Ao remate do horario lectivo, 13:45, o alumnado non pode acceder á aulas, salvo que conte co permiso e sexa acompañado polo persoal do centro.
  • As familias non teñen acceso ás aulas salvo que vaian desenvolver unha actividade ou teñan unha reunión coa persoa titora ou especialistas, e sempre con comunicación previa.
  • O alumnado de educación infantil que chegue ao centro pasada a hora de entrada, ten que pasar por secretaría para que sexa o persoal autorizado o que o acompañe á súa aula.
  • Respectar os espazos de acceso ao recinto escolar, non ocupando ás entradas e saídas de vehículos, e empregando as indicadas segundo sexamos peóns, accedamos con bicicleta, patín, …
  • Non acceder ao recinto escolar con coches particulares, salvo caso de necesidade por situación de dificultade de mobilidade temporal e previa solicitude na secretaría e autorización da dirección do centro.
  • Os portais de acceso ao recinto escolar teñen un horario de apertura e peche, agradécese non traspasalos cando estean nunha destas accións. A entrada e saída pódese realizar pola porta pequena premendo no timbre cando estea pechada.
  • As friameiras e outros envases empregados para a merenda deben estar ben etiquetados para favorecer que o alumnado se faga responsable e autónomo no seu uso.

Agradecemos a vosa colaboración e respecto,

A dirección