Monthly Archives: junio 2019

CEIP Santa Baia no programa Erasmus+

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte para o período 2014-2020.

Erasmus+ é un programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar a numerosos sistemas de educación, formación e xuventude a proporcionar unha ensinanza e un aprendizaxe que doten a as persoas de as capacidade necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

En España é o Servicio Español para a internacionalización de la Educación (SEPIE) a organización designada como axencia nacional para a xestión coordinada do programa Erasmus+ para o ámbito da educación e a formación.

Erasmus+ quere mellorar a calidade da ensinanza Infantil, Primaria e Secundaria nos centros de toda Europa.

Ofrece aos profesionais de destes niveis oportunidades de Movilidade para o Aprendizaxe, co obxectivo de ampliar e mellorar o seu desenvolvemento profesional, ademais de posibilitar a colaboración cos seus homólogos de outros países de Europa. Mediante as Asociacións Estratéxicas apoia o intercambio de boas prácticas e criterios de innovación para abordar retos comúns, como o abandono escolar ou o baixo nivel de coñecemento básico, fomentando os vínculos co mundo extraescolar e con outros ámbitos educativos e formativos.

Para mestres e persoal non docente para realizar actividades de desenvolvemento no estranxeiro, de ampliación de coñecemento e aptitude. Actividades que poden durar de dous días a dous meses e incluso chegar ao ano. Son actividades tales como:

  • Cursos ou actividades de formación estructuradas no estranxeiro.
  • Docencia en centros de ensinanza asociados.
  • Período de observación no estranxeiro nun centro asociado ou outra organización relevante activa no ámbito da Educación Escolar, jobshadowing.

Ábrense novas perspectivas en educación, permitindo intercambiar coñecementos e boas prácticas en diferentes materias.

O CEIP Santa Baia ten aprobado 4 mobilidades  do proxecto Erasmus KA101;  polo tanto, o presuposto recibido é para xestionar 4 “job shadowings” en colexios de Europa e a través de esta experiencia,  lograr os obxectivos propostos no proxecto presentado: “Alumnado con NEAE: Inclusión e Espacios Dinámicos”, tendo en conta as necesidades do centro e sen olvidarnos da importancia do impacto e difusión en toda a comunidade educativa.

Enquisa para as familias

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Unha vez admitido no centro, a formalización da matrícula realizarase do 20 ao 1 de xullo(inclusives) coa seguinte documentación:

O impreso de formalización da matrícula (anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.

O alumnado de 4º de infantil tamén terán que entregar este cuestionario:

A seguinte documentación é común a todos:

  1. Copia do boletín das vacinas e da tarxeta sanitaria.
  2. Fotos tamaño carné, co nome e apelidos por detrás: 4 para infantil e 2 para primaria.
  3. Se é o caso, achegar documentación xudicial de separación ou divorcio na que se regula a garda e custodia do alumno/a.
  4. En caso de alerxias ou enfermidades graves achegar informes médicos.

Se non se formaliza a matrícula en prazo, entenderase que renuncia á praza (art. 40 da Orde 12-03-2013).

Prégase que comuniquen ao centro calquera renuncia ou baixa.

LEXISLACIÓN:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan o segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na lei 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.


Fotos do Festival TuCaraMeSuena 19

Para os que tedes o DVD, as fotos están no interior.

Ao meter o DVD nun reproductor (ou computadora) de xeito automático inicia o DVD.

Para ver as fotos (ao igual que o curso pasado) hai que abrir o DVD como se fose un disco de datos (como «carpeta»). Veredes o cartafol das fotos do Festival.

TERCEIRO TRIMESTRE

Xa remata o curso e…. que rápido pasou! Agora toca lembrar o que fixemos durante o terceiro trimestre…

Recollida de firmas contra os recortes

Por favor axudádenos a difundilo e a conseguir o maior número de firmas posibles. Pódese firmar en Boiresa, no bar do Centro Social de Boiro e na Xestoría Regueira.

Novedades Festa de Fin de Curso

Festa fin de curso ANPA

            A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar este MÉRCORES 19 de Xuño a festa de fin de curso. Será no colexio, desde as 16:30 a 19:00 horas.

A entrada será gratuíta para os/as socios/as da ANPA, mentres que os non socios/as terán que pagar unha entrada de 3€.

Contaremos con 2 inchables de auga e remataremos ca festa da espuma.

 Aproveitamos a ocasión para desexarvos a todos un feliz verán!!

A Xunta Directiva.

Asignación das prazas vacantes aos non admitidos e solicitudes fóra de prazo. Proceso admisión do alumnado, curso 2019/2020

Asignación de prazas:

Esta listaxe non implica que xa estén matriculado/as no Centro. Os admitidos deben matricularse do 20 ao 30 de xuño na Secretaría do Centro. De non facelo, perderán o dereito á praza.


CONCERTAZO!!!

Banda Infantil da EMB + Baia Rock Band


Escola de Música de Boiro e o CEIP Santa Baia organizan o concerto no salón de actos da Casa de Cultura Ramón Martínez López «A Cachada» xoves 13 de xuño ás 18:00h (entrada de balde).