Monthly Archives: marzo 2023
Día das artes galegas

O vindeiro 1 de abril conmemórase o DÍA DAS ARTES GALEGAS, dedicado ao trovador Martín Códax.
Na entrada do colexio preparouse un espazo para retrotraernos á época medieval.
Durante o xoves 30 e venres 31 de marzo levaranse a cabo diversas actividades que van desde un concerto didáctico a cargo do grupo MESTREIS ata a escenificación de cantigas medievais por parte do alumnado de quinto e sexto que visitarán as distintas aulas.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar

Atendidas as propostas de mellora recollidas en edicións anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. https://espazofamilias.org/
Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.
Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.
As sesións estarán a cargo de:
Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións
Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina)
Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social)
Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:
https://espazofamilias.org/reserva
As demais actividades non precisan de reserva.
Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril
Hora: 18.00h
Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
Día da Muller e aprendizaxe multisensorial
O 8M foi o día da Muller, e na aula de AL estivemos a conmemorar esta data con oracións que recollen agradecementos ás mulleres das familias do alumnado. Con esta actividade reflexionaron sobre todo o que fan as mulleres das suas casas e tamén traballaron a morfosintaxe e motricidade fina. Ao final quedounos un colgador moi xeitosiño o cal levaron de regalo para as suas nais, avoas … Tamén nesta semana fomos un pouco fozóns e andivemos a mancharnos coa escuma de afeitar. Os procesos da aprendizaxe non son iguais para todo o alumnado, e na nosa man ,como especialistas, está axudarlles e adaptar os materiais buscando estratexias para asentar dita aprendizaxe. O proceso alfabético é un dos 5 procesos que interveñen na lectura por iso, e moi importante co alumnado coñeza a relación dos sons coas letras e sepa manipular mentalmente con eles. E….. qué mellor maneira de pintar na escuma á vez que xogamos coas bocas ( as de hoxe saironlle carie en forma de letra :)?



