Daily Archives: 17 marzo, 2023

EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar

Atendidas as propostas de mellora recollidas en edicións anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. https://espazofamilias.org/

Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.

Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.

As sesións estarán a cargo de:

Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións

Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores

Xaime Bello (Proxecto Turbina)

Adolescentes a partir de 13 anos

Alba Pérez (Educadora Social)

Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos

Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:

https://espazofamilias.org/reserva

As demais actividades non precisan de reserva.

Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril

Hora: 18.00h

Lugar: Centro Social de Boiro

Animámosvos a participar!!!