Monthly Archives: marzo 2021
Slow Food – Come local

16 centros os escollidos para participar nesta segunda edición da «Come Local» e que esperamos que acabedes tan satisfeitos coma na primeira edición que fixemos de setembro a decembro do 2020 da cal tedes máis información no seguinte link:
https://www.slowfood.com/es/campana-come-local-en-comedores-escolares-de-galicia/
Ademais tamén formarán parte da mesma, os 4 Comedores Escolares Km 0 que xa participaron na primeira campaña: CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Os Muíños (Muxía), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e CEIP López Ferreiro (Compostela.
A campaña será recollida tamén nas nosas redes sociais e nas da Agacal para dar boa conta do traballo e da implicación de cada un dos centros participantes.
Os centros que participarán nesta segunda volta: Divino Maestro e Colexio La Milagrosa de Compostela; Colexio Alca de Ames, CEIP Santa Baia de Boiro; CPI Dr. López Suárez de Friol; CEIP San Cosme de Barreiros; CEIP Juan Rey de Lourenzá; CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda; IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, CEIP Joaquina Gallego Jorreto de A Merca; CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Vega; Colexio Salesianos-A Mercé de Cambados; CEIP Xoaquín Loriga de Prado; CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa e CEIP A Paz de Coruxo (Vigo).
COPLIÑAS DO ENTROIDO
AÍNDA QUE TARDE, XA ESTÁN AQUÍ!
Este curso de pandemia quixemos darlle un toque diferente a esta celebración.
Aquí vos deixamos estas rimas, con xestos e pouco movemento, para que o virus non teña crecemento.
Disfrutádeas!!!
CELEBRACIÓN 8M

AS MULLERES DA NOSA VIDA (8M) from Ceip Santa Baia on Vimeo.
AS MULLERES DA NOSA VIDA (8M) from Ceip Santa Baia on Vimeo.
BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!
Nova web de información EDUCACIÓN, concello de Boiro
Información sobre actividades, cursos, ciclos formativos… tamén subvencións e axudas que se poden solicitar.
https://educacionboiro.blogspot.com/
