Cousiñas varias antes da chegada da Pascua
Estas semanas estivemos a traballar bastante na área Léxico-Semántica ( vocabulario e significado) e a Morfosintaxe ( relación das palabras para formas oracións). Elaboramos oracións con recortes, e creamos oracións con imaxes e ordes dadas. En moitas ocasións o alumnado elabora oracións moi sinxelas con verbos copulativos e con léxico reducido polo que o traballo de morfosintaxe é un elemento esencial para a posterior elaboración de redaccións, contos, pequenos textos, etc. Ao comezo , a actividade de recorte-puzzle parece algo con certa dificultade pero posteriormente o alumnado vai buscando estratexias coma os puntos finais, as maiúsculas , as concordancias … para facer oracións correctas e con sentido. ( Posteriormente a complicamos poñendo en Pasado e Futuro para traballar os tempos verbais ). Na outra actividade con imaxes lles é moi sinxelo a creación de oracións mediante a instrucción e imaxes dadas. Por outro lado tamén estivemos a facer comprensión lectora. Como sabemos a comprensión lectora afecta a todas as asignaturas ( Qué importante é comprender o que se lee!) . Por iso decidimos aplicala sobre problemas matemáticos , suliñando os datos, anotandoos, poñendo o que piden e realizando a tarefa . Todo isto realízase mediante AUTOINSTRUCCIÓNS. Aquí vos quedan algunhas imaxes das actividades, saúdos .
Deja una respuesta