Monthly Archives: diciembre 2015
BO NADAL!!!
Velaquí o resultado do traballo realizado polas familias. Un collage moiapropiado para estas datas composto de debuxos do Nadal cheos de verbas en galego, a maioría delas pouco coñecidas!
En resumo, xenial familias!!
Este xoves… GRAN VISITA!!!
O APALPADOR
O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.
Non podes faltar!!!
CreandAMOS xuntos!!!
Para a realización dunha actividade de índole artística- lingüística precisamos da colaboración das familias.
O venres pasado (4 de decembro) cada neno/a levou para casa un pequeno debuxo relacionado co Nadal co fin de que fose decorado e se escribira nel unha palabriña en galego pouco coñecida.
Con estes debuxiños construiremos unha árbore de Nadal que ambientará con cores, debuxos e fermosas verbas galegas a entrada do noso cole.
Graciñas de novo ás familias e esperamos que na vindeira semana podades ver o resultado! 🙂
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS COA BAIABIBLIO
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá… apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou…
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída…