Monthly Archives: octubre 2023

SEGUNDA XUNTANZA

Seguinte paso para todas as persoas que queiran compartir este espazo.

Rematamos outubro e chea novembro o mes do Samaín e as castañas!

Boas familias! Durante estos días estiven a traballar algo de Samaín , pero non é ata a semana cando nos poremos a tope co tema e actividades relacionadas. Polo demáis como vedes nas fotos estivemos a xogar coas imaxes terroríficas e aprender vocabulario para posteriormente facer oracións ( non frases ) . Cando fago esta actividade co alumnado intento eliminar o verbo » ser ou estar» posto que a maioría so recurren a ditos verbos. ( Non vexades como lles custa cando bloqueo esos verbos ; ( ). Como vedes , traballamos a sílaba tónica e a acentuación mediante «minichuletas- visuais feitas» que lles serven de apoio nun principio ata que as van interiorizando ( créedeme que funcionan e é mellor deixarllas nun principio e logo ir eliminandoas pouco a pouco). A sílaba tónica parece unha chorrada pero é moi interesante , posto que nos permite marcar a entonación e golpe da palabra para pronunciala na lectura e identificar a sílaba forte para logo saber onde vai a acentuación . Vamos… que a sílaba tónica , parece unha actividade sinxela pero nada diso xa que moito alumnado con dificultades na linguaxe non a distinguen. Así que un bo exercicio nos tempos mortos do coche ou na casa, é xogar a marcar a sílaba tónica, separar sílabas ou xogar ás rimas posto que todo iso contribúe a conciencia fonolóxica tan importante na linguaxe e nas bases da lectoescritura. A maiores con algún do alumnado de infantil estivemos a adquirir novo vocabulario básico do seu día a día e a categorizar por cores ou familias léxicas. Como vedes na última imaxe , este ano teño unha nova mano-mickey-antena guía e non vexades o que lles gusta utilizala como se eles mismos foran os docentes ( comentoo porque a veredes aparecer en varias fotos para sinalar, marcar ritmos, marcas os fonemas, sinalar partes na boca , etc.) . Saúdos terroríficos e vémonos a semana seguinte co Samaín!

Seguimos con Samaín e a importancia da sílaba tónica e a acentuación.
Morfosintaxe: Elaboramos oración que non frases, a través de imaxes raras ou divertidas.
Semellanzas de categoría – concepto

Vocabulario básico infantil

Colaboramos co desenvolvemento sostible

No centro xestionamos moitos tipos de residuos.

O alumnado ten realizado actividades de visibilización e sensibilización (https://vimeo.com/224908691) (https://www.youtube.com/watch?v=lT7ejhOK5WI). Agora queremos realizar actividades prácticas polo que podemos comezar coa xestión de aceite alimentario usado.

Na entrada principal do centro temos o contedor de aceite usado. Animámosvos a que o alumnado poida darlle uso traendo nunha botella de plástico ben pechada e nunha bolsa (para evitar que unha posible perda estrague o material ou a roupa do alumnado) o aceite alimentario que usades nas vosas casas e que se debe depositar en contedores específicos, xa que é un residuo moi contaminante.

Agardamos que o luns/martes teñamos que baleiralo porque comezamos unha boa dinámica de separación de residuos contribuíndo entre todos e todas ás ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible).

APERTAS

Organicémonos e aproveitemos recursos

Saúdos

Outubro en AL

Boas familias! Hoxe deíxovos algunhas fotos das actividades que estamos a facer na aula de AL e unha breve explicación das mesmas: Coma xa comentei en entradas anteriores , a casa témola que facer con bos cimentos , polo que dende moi pequenos hai que traballar a linguaxe oral e o manexo da mesma sen as letras escritas. Ao final de todo este proceso chamado » traballo de Conciencia fonolóxica» e das chamadas » habilidades metalinguísticas » chega o Principio Alfabético ( Ed. Primaria) onde si se produce unha asociación de cada son a una letra para poder iniciarse no proceso lectoescritor . Pos ben, dito este breve aclaración vos deixo algunhas actividades de conciencia fonolóxica e Principio Alfabético :

Conciencia Fonolóxica e habilidades metalinguísticas: Buscar en imaxes dadas , aquelas que comenzan por un determinado son ou fonema ( buscamos imaxes que comezan por b , p , s , etc). Tamén traballamos as famosas rimas que tanto lles custan, mediante debuxos e asociacións por cores para obter maior facilidade á hora de buscar a rima parecida.

Comezos do Principio Alfabético: Coa mesa de luz e coas pinzas e letras estámonos adentrando ao Principio Alfabético facendo un inicio á conversión fonema -grafema, e un bo afianzamento da identificación e recoñecemento das letras sen escribilas a través de métodos multisensoriais. Sen dúbida a mesa de luz, é un material que triunfa moito co alumnado pola variedade de actividades que permite e o que lles chama a atención. A que sería un bo regalo no Nadal…? Hoxe tedes mesas de luz o paneis moi económicos en tendas online, supermercados que venden xogos ou outros pero… qué tal a fabricación propia un fin de semana chuvioso na casa? Ahí vai un enlace: https://www.youtube.com/watch?v=sNDL8_f4CU8

Por outro lado, nas sesións de infantil estivemos a traballar os prerrequisitos da linguaxe e motricidade mediante os punzóns-picado e a identificación de animáis en sombras ( xogando cos son ás onomatopeias) ou figuras de conceptos básicos como as formas xeométricas. Ahí van algunhas fotos. Saúdos e ata a vindeira entrada.