Monthly Archives: abril 2021

HIMNO GALEGO

Ola chic@s :

Póñovos a letra do Himno Galego para que aprendades as dúas primeiras estrofas ; pois o cantaremos to@s xunt@s o día das nosas Letras .

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

O alumnado de 4ºC achéganos un novo programa da Baia Radio titulado «Moito que celebrar».
Anímate a escoitalo!

Muiñeira hip-hop

Realizaremos sobre a base desta gran interpretación do grupo vigués un baile todo o colexio:

Para a parte libre do noso baile, podedes utilizar algún dos pasos que aparecen nestes vídeos… ÁNIMO!!!!

«O mundo máxico de Antón»

A madrugada do 2 de abril, o cole iluminouse de azul para celebrar o Día Mundial de Concienciación do Autismo.

Non existindo no presente curso a posibilidade doutro tipo de celebración, é polo que o Departamento de Orientación do centro pensou en aproveitar a oportunidade de contar, desde esta semana e ata finais de curso, coa exposición de debuxos de Antón Romero Piñeiro, un pequeno ilustrador con Trastorno do Espectro Autista (TEA) que nos amosa o seu mundo máxico a través de cada unha das súas representacións.

Os Resentidos, mítica banda galega de música pop e rock, incluíu nalgún vídeo clip do seu último traballo, Organización Nautilus, os debuxos realizados por Antón, representada unha mostra destes no seguinte vídeo:

Anacos dos vídeos:
Outro día máis sen ir ao mar
Nautilus
A xustiza pola man

Desde o Departamento de Orientación propoñemos a cada escolar do centro a oportunidade de descubrir a súa maxia e facernos partícipes desta nun espazo reservado para ese fin dentro da exposición “O mundo máxico de Antón”.  

ENQUISA CONVIVENCIA

Abrir este enlace ( https://www.edu.xunta.gal/convfamil ) e introducir o código que lles entregará o alumnado.

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso

HOXE, 13 DE ABRIL, PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS, 5 días hábiles para a reclamación. (Todas as solicitudes foron aceptadas)

Poden consultalas nos taboleiros do centro, chamando á secretaría, por correo electrónico ou tps://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision.

Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS

Estimadas Familias,

Nas dúas reunións previas do Consello Escolar Municipal, os/as  representantes, tanto dos centros de ensino como das ANPAS puxeron de manifesto que tiñan demandas das familias do alumnado respecto de ter acceso á formación e asesoramento tecnolóxica, dado que varios pais/nais non contan con formación ou teñen un nivel moi básico que lles impide traballar cos ordenadores, para, por exemplo, buscar información para axudar as súas crianzas a facer os deberes ou traballos, ou  mandar un e-mail  para poñerse en contacto cos profesores, para baixar impresos das web do centro, etc.

Por este motivo poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro,  pon á súa disposición o servizo do Axente TIC para poder asesorarlles ou ensinarlles no manexo tecnolóxico (ordenadores), en todas aquelas dificultades que teñan. O fin principal destas clases é o de que, vostedes, podan defenderse e xestionar a vida escolar das súas crianzas (comunicación cos profesores, clases online, búsqueda de información en internet, etc.).

Esta formación impartirase en xullo e agosto 2021 de forma grupal e incluso individual e de maneira gratuíta.

Se queren participar so teñen que facer una sinxela solicitude: mandar un e-mail a axentetic@boiro.org  cos seus datos e teléfono de contacto e indicando cal é a súa necesidade. De seguido, o axente poñerase en contacto con vostedes para concretar tanto a formación como os horarios da mesma. E dicir, acordarán tanto os contidos, coma os horarios das clases.

Se non pode facelo a través do enderezo electrónico pódense dirixir: ao Centro Social de Boiro (Alberto ou Samuel), á Casa de Cultura de Boiro (Elena ou Manola) e/ ou ao Centro Social de Cabo de Cruz (Pitusa),  onde lle axudaran a cursar a solicitude sen ningún compromiso.

Aproveitamos para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro ten un blog onde vostede pode ter información do seu interese (formación, teléfonos e e-mail de contacto, subvencións, etc.) BLOG: educacionboiro.blogspot.com

Sen outro particular, esperando que esta formación e asesoramento lles sexa de axuda, reciban un cordial saúdo

Concellería de Educación