Monthly Archives: septiembre 2020
Número de PCRs positivos no Centro

Casos activos 0.
Casos totais 13.
Estimadas familias:
Comunícolles que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 10 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.
Reciban un cordial saúdo,
1Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
3Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/
Calendario de adaptación 4º de infantil
Xuntanzas inicio de curso

INFANTIL
4º Infantil; martes 8 ás 16:00h grupo A e ás 17:30h o grupo B.
5º Infantil; martes 8 de 12:00h a 12:30h a primeira metade do grupo A e B e ás 13:00h a segunda metade dos grupos nas respectivas aulas.
6º Infantil; martes 8 ás 16:30h nas aulas as primeiras metades de cada grupo e ás 18:00h o resto.
PRIMARIA
1º nivel; Presentación, información inicio curso
Distribución do alumnado por grupo
2º nivel; https://drive.google.com/file/d/1cZKdd0Q4ZXUC73ikVXVnqz7nuFN5eExX/view?usp=sharing
3º nivel; mércores 9 ás 16:00h grupo A, ás 17:30h o B e ás 19:00h o grupo C. NA AULA DE MÚSICA
4º nivel; Presentación, inicio curso.
5º nivel; Presentación, información inicio curso
6º nivel; martes 8 ás 16:00h o grupo A, ás 17:30h o B e ás 19:00h o grupo C. NA AULA DE MÚSICA
Materiais de aula
MATERIAL 5º PRIMARIA CURSO 2020-2021
Listado de material necesario para o inicio do curso actual.