Monthly Archives: septiembre 2021
Próximas actividades concello
Impreso de solicitude de actividades «ANPA Torre de Goiáns»
Impreso de alta de socios «ANPA Torre de Goiáns»
TROPPY
Asamblea xeral ordinaria «ANPA Torre de Goiáns»

Estimadas familias, Coa presente queremos convidalas a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA da “ANPA
Torre de Goiáns” do CEIP Santa Baia, convocada para o vindeiro Xoves 16 de Setembro no
salón de actos da casa de Cultura de Boiro ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás
20:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
– Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior asamblea xeral.
– Estado de contas.
– Actividades previstas para o curso escolar.
– Transporte escolar.
– Comedor escolar.
– Servicio madrugadores.
– Incorporación de persoas a Xunta Directiva
– Rogos e preguntas
Sen outro particular, e agardando a vosa asistencia, aproveitamos a ocasión para
saudalos atentamente,
A Xunta Directiva
Becas NEAE 2021-22
MATERIAIS DE AULA CURSO 2021-2022
XUNTANZAS INICIO DE CURSO

Importante acudir só un membro da unidade familiar e sen nenos/as.
INFANTIL: martes 7 de setembro, revisar lugar e horarios no seguinte enlace.
PERÍODO ADAPTACIÓN 4º INFANTIL (3 anos)
PRIMARIA
1º nivel: martes 14 de setembro nas respectivas aulas. 1ºA 17:00h, 1ºB ás 17:15h e 1ºC ás 17:30h.
2º nivel: martes 21 de setembro nas respectivas aulas. 2ºA 16:00h, 2ºB 16:10h e 2ºC 16:20h
3º nivel: Mércores 15 de setembro ás 16:00h 3ºB (titor Guillermo) e 16:15h 3ºA (titora Raquel) nas respectivas aulas, primeiro andar.
4º nivel: martes 14 de setembro ás 16:00h nas respectivas aulas.
5º nivel: Mércores 8 de setembro nas respectivas aulas. 5ºA ás 16:00h, 5ºB ás 16:15h e 5ºC ás 16:30h.
6º nivel: As persoas titoras faranlles chegar toda a información.
INICIO DE CURSO 21/22

Iniciamos o novo curso prorrogando as medidas anticovid reflectidas no protocolo do ano pasado. Polo que se manteñen todas as medidas que se reflicten na web do centro https://santabaia.es/?page_id=7666
O inicio das xornadas lectivas será o 9 de setembro en horario habitual (de 8:45h a 13:45h) pero recordar a entrada e saída escalonadas por diferentes accesos, máscara obrigatoria (unha de reposto incluída), aulas burbulla en infantil e patios diferenciados en primaria.
4º de infantil terá o período de adaptación e 1º de primaria entrarán ás 9:00h no patio cuberto para poder presentarlles ás persoas titoras e indicarlles a súa aula correspondente.
Aquí publicaremos as xuntanzas e información de principio de cursos ás familias e o material de aula necesario.