Monthly Archives: febrero 2026
CHARLA SOBRE AUTISMO E ALTAS CAPACIDADES
O próximo sábado 21 de febreiro de 2026 ás 11:00 h. terá lugar na Casa da Cultura de Porto do Son unha charla sobre autismo e altas capacidades, organizada pola Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza (BARBANTEA). Está dirixida a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias). Se é do voso interese, non dubidedes en asistir.
Adxuntamos o cartel da charla.

Entroido 2026
A semana que vén temos a celebración de entroido!
Preparación de disfraces, mandatos Felipiño… e o gran día!
O venres 13 degustación de doces e Desfile. Desta vez tócalle aportar os produtos para a degustación típicos do entroido ás familias do alumnado de 5º de infantil e 2º ciclo de primaria (3º e 4º).
Se o tempo o permite compartiremos desfile co colexio Praia Xardín.
E pola tarde… gran festa organizada pola ANPA!!!