Monthly Archives: enero 2022
ANUARIO METEOROLÓXICO GALICIA 2021
Novo proceso de xestión dos casos Covid-19
Persoas con sintomatoloxía ou positivos asintomáticos non poderán asistir ao centro.
Casos confirmados como positivos con calquera proba diagnóstica (PCR, antíxenos, autotest), deberán gardar unha cuarentena de 7 días (incorporaranse se non teñen síntomas nos últimos 3 días da cuarentena) sen ter que realizar ningún tipo de nova proba para a alta. Igual que os contactos estreitos sen a pauta completa.
Deben notificar ao Sergas (se se detectou cun autotest) no teléfono 881540045 ou directamente https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
Nos centros educativos xa non se considera a ningunha persoa como contacto estreito, como criterio xeral. Estudarase cada caso concreto (inmunodeprimidos, embarazadas… ou se se trata dun gromo superior a 4 casos nun grupo ou actividade).
Cando xurda un caso no grupo do seu/súa fillo/a, chegaralles un aviso para aumentar a vixilancia. Esto significa estar máis atentos ás posibles sintomatoloxías, intensificar o correcto uso da máscara, reducir os contactos sociais non acudindo a eventos ou actividades de contacto durante unha semana. En caso de que algún/ha alumno/a sexa inmunodeprimido debe poñelo en coñecemento da persoa responsable covid do Centro.
Se o positivo comparte mesa no comedor coa súa crianza, debe evitar facer uso do servizo durante 3 días, e reincorporarse se non ten síntomas.
Axudas e actividades formativas
Axudas aluguer social En caso de que algunha familia teña interese en solicitala dende o departamento de servicios sociais axudásmoslle a facer os trámites.
Seminario de defensa persoal feminina Data: Sábado 12 de febreiro Hora: de 10h a 14h Lugar: Pabillón Barraña Destinatarias: Mulleres de 14 a 70 anos Coste: Gratuíto
Obradoiro sobre trastornos da alimentación Data: mércores 23 de febreiro Hora: de 16.30h a 20.30h Lugar: Centro Social de Boiro Destinatarias: Calqueira persoa interesada Coste: Gratuíto
Para calqueira dúbida ou Inscricións (indicar nome e apelidos, Dni, data nacemento, enderezo e teléfono de contacto) mail: cim@boiro.org tlf: 981844800 ext 1285
OUTRAS
A área de patrimonio e contratación organiza os días 13, 14 e 15 de xaneiro as IV xornadas a luz da ciencia: pensamento científico e xénero, que en coordinación coa área de Igualdade ,centraranse na perspectiva de xénero e ciencia nas aulas, realidade laboral e teito de cristal e o enfoque na comunicación científica. Estes encontros científicos están deseñados nesta cuarta edición, para reflexionar sobre as fendas de xénero que están vixentes no eido da práctica profesional e investigadora das disciplinas científicas, achegando visións desde tres eidos diferentes: as aulas e o proceso formativo, a lexislación e a realidade profesional, e a divulgación e a comunicación científica.
Achegámosvos o enlace con toda a información agardando que sexan do voso interese e poidamos neses días vernos nas diferentes actividades que se celebran e poder así avanzar na superanción dunha fenda de xénero que lonxe de superarse agravouse coa chegada da pandemia.
As asistencia é gratuíta e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través dun formulario que aparece no enlace que tes abaixo.
Xosé L. Penas Corral Deputado de patrimonio e contratación