Category Archives: Foro Ecolóxico de Boiro

HORTO ESCOLAR

A prensa faise eco do traballo realizado no horto do Centro.

 

TALLER DE XABÓN

 

PARA MESTRES, NAIS /PAIS E PERSOAL NON DOCENTE DOS CEIPs DE BOIRO

Para apuntarse, chamar ao 881866595

XOVES 8 DE XUÑO

18:00h a 20:00h na cociña do Centro

 

Coñeceremos os distintos tipos de xabón que se poden facer.

Ecolóxico, usamos aceite usado alimentario, altamente contaminante vertido directamente polo sumidoiro.

Económico, pois a elaboración ten un menor custe que o xabón que mercamos.

Coidamos a nosa hixiene.

 

Se te animas, tes que traer o seguinte material:

– 1 caldeiro pequeno de plástico duro (3 litros apróx.)

– 1 espátula de silicona

– Batidora eléctrica (unha por cada dous participantes)

– 1 utensilio para remexer con mango longo (plástico ou aceiro)

– 4 tetra bricks limpos.

– Mandil.

Organiza:

Biblioteca Escolar

Ceip Santa Baia

Foro ecolóxico de Boiro

Ponente:

Ana Vázquez

 

 

PRAZAS LIMITADAS, por orde de inscrición na secretaría do Centro.

Taller xabón(CARTEL)

 

RECOLLIDA DE ACEITE ALIMENTARIO USADO

Pasamos á acción!

Xa coñecemos a importancia da recollida selectiva para favorecer o tratamento dos residuos, e con esto, o medio ambiente.

Agora, ademais de pilas, tapóns de plástico, materia orgánica (composteira), papel e envases… ofrecemos a posibilidade de xestionar o difícil e altamente contaminante aceite alimentario usado.

Poden atopar o contedor no patio cuberto dianteiro do Centro.

Depositen o aceite directamente dentro do recipiente no que o traian, así evitamos verteduras difíciles de limpar.

Non só vai consistir nun servizo á comunidade educativa, se non que hai varias propostas de traballo a raíz deste contedor. Seguiremos informando.

Esperamos que vexan adecuada e de utilidade a posta en marcha deste servizo.

cartel1contedor

SAÚDOS

Amorodos silvestres

Nais voluntarias do Foro Ecolóxico de Boiro, ensínannos a transplantar amorodos silvestres ao noso horto.

O mar de plástico

Xornadas de sensibilización

SÁBADO 25 DE MARZO ÁS 18:00H NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO

Presentación das xornadas, documental «Sopa de plástico» e charla debate sobre medidas para reducir os plásticos no mar.

DOMINGO 26 DE MARZO ÁS 9:00H NA PRAIA DE BARRAÑA

Recollida de residuos non orgánicos (inscribirse en foroecoboiro@gmail.com)

Presentación do método Bates

O foro ecolóxico de Boiro organiza unha nova charla para dar a coñecer o método Bates, o venres 17 de marzo ás 20h, entrada de balde. Apta para tódolos públicos, incluídos os nenos.

OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO

 

Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.

Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.


E, como non, degustamos a crema de cacao caseira

 

Atréveste a facer a túa crema?

Alternativas no consumo de enerxía

A asociación Foro ecolóxico de Boiro organiza, coa colaboración da sociedade cooperativa galega Nosa Enerxía, unha charla sobre o consumo de enerxía como forma de coidar do noso planeta e de aforrar custes no fogar. Poñerase un documental sobre esta temática e logo terá lugar unha charla debate sobre as formas de producir e consumir enerxía. Ademais poderemos coñecer de primeira man a S.C. G. Nosa Enerxía, a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente.

A actividade celebrarase o sábado 4 de febreiro nunha aula do Centro social de Boiro (4° planta) ás 18:30.

JOSÉ LUÍS GALLEGO IMPARTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E RECICLAXE

 

  • Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, terá lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central).

 

  • Dirixida a todo tipo de público, constitúe unha excelente oportunidade para tomar boa nota das prácticas a instaurar na nosa vida cotiá para consumir dunha forma máis sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como económico.

 

  • A xornada eríxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

  • Cunha longa traxectoria no ámbito da divulgación ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”.

 

Invitado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, o célebre  naturalista e comunicador ambiental José Luís Gallego, impartirá  ás 12:00 horas do próximo luns, 30 de xaneiro, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central), en Santiago de Compostela, unha charla divulgativa que, baixo o título “Os residuos non son lixo, por qué é importante reciclar”, dirixirá a todo tipo de público co fin de fomentar as boas prácticas no consumo responsable.

 

Con tal fin, Gallego proporcionará as claves que deben rexer unha compra responsable, racional, sensata e coherente desde a dimensión ambiental e económica, que teña por obxecto producir menos lixo, á vez que insistirá na necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres como cimento fundamental de todo sistema de xestión de residuos: reducir a produción dos mesmos; reutilizar ao máximo os produtos para alongar a súa vida útil; e separalos por tipoloxías unha vez convertidos en refugallos, depositando cada fracción no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para fracción resto.

 

Facer unha lista da compra, incorporando á mesma o realmente necesario, diferenciar claramente data de caducidade de consumo preferente, levar  a nosa propia bolsa ao supermercado, priorizar a adquisición de artigos a granel, rexeitar os sobreembalados e optar por aqueles que se comercializan en envases reutilizables, constitúen, entre outros, algúns xestos que poden axudar en gran medida a diminuír a xeración de lixo, tendo en conta de que o mellor residuo é o que non se produce.

 

A xornada, que se aventura amena, divertida, clarificadora, reflexiva e moi ilustrativa, constitúe unha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

TODA UNHA AUTORIDADE EN MEDIO AMBIENTE

 

Considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”, José Luís Gallego foi distinguido en numerosas ocasións con diversos recoñecementos e premios.

 

Activo colaborador dos principais medios de comunicación do noso país, o seu labor céntrase en promover a participación dos cidadáns no coidado e mellora do medio ambiente. Ten publicado máis de 20 libros de divulgación ambiental coas principais editoriais a nivel nacional, e é director, presentador e guionista de documentais e series de natureza e medio ambiente. A súa presenza en radio tamén é destacable, sector no que leva 25 anos, podendo escoitalo actualmente  todos os venres no programa “Julia en la Onda”, que dirixe e presenta Julia Otero en Onda Cero.

 

A día de hoxe tamén desempeña unha gran actividade como blogger en diversos medios dixitais e páxinas web, podendo ler cada semana as súas reflexións persoais sobre a situación do medio ambiente no blog Ecogallego.

 

En definitiva, toda unha autoridade no ámbito medioambiental que paga a pena escoitar para descubrir todo o potencial humano que cabe na preservación do contorno, a xestión sostible dos residuos e a loita contra o cambio climático.

 

Prégase confirmación de asistencia a través do presente correo electrónico ou ben chamando ao teléfono 881 999 075.

 

Patricia Fernández López

Directora Técnica da Escola Galega de Consumo

  1. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo

15707- Santiago de Compostela

Tf.: 881 999 091

patricia.fernandez.lopez@xunta.es

Síguenos en facebook: https://www.facebook.com/escolagelgaconsumo

Tamén no Nadal un consumo racional

O Foro Ecolóxico de Boiro organiza unha charla coloquio sobre a importancia de coñecer ben os produtos que mercamos e a influenza do márketing.

Venres 2 de decembro ás 16:30h no centro social de Boiro.

Precisa inscripción previa no 981842635

20161115124723_00001