Monthly Archives: diciembre 2017

TALLERES PARA FAMILIAS. O MOVEMENTO

20 de xaneiro – 15 de xuño de 2018

Horario de 11:00 h a 13:00 h

(TODA A INFO: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/166/FAM_2017)

Un ano máis, o CGAC organiza un ciclo de talleres sobre arte contemporánea para familias. Pais, nais, tías, tíos, avoas, avós… poden gozar cos máis pequenos investigando e experimentando coa arte en sesións prácticas de creación. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes.

Esta edición estará dedicada á arte contemporánea e o movemento. A través da obra de seis artistas trataremos diversos bloques temáticos relacionados con este concepto: a busca do movemento na pintura e na escultura, a creación co corpo en movemento e a consecución do movemento con recursos como o vídeo ou mecanismos de acción presentes na produción artística dos séculos XX e XXI.

Pintura e movemento. Bridget Riley

Sábado 20 de xaneiro, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 21 de xaneiro, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 8 ao 19 de xaneiro

Para falar da pintura e o movemento partiremos do traballo da artista inglesa Bridget Louise Riley, pioneira da op art. Riley crea complexas paisaxes abstractas coas que consegue efectos ópticos hipnóticos e psicodélicos que poñen a proba a percepción das persoas que as observan, ás que lles esixe un papel necesariamente activo. Nestes talleres xogaremos coa xeometría, cos contrastes cromáticos, coa combinación de formas, coa repetición e coa escala para conseguir ilusións ópticas nas nosas creacións.

INSCRICIÓN: Os talleres son gratuítos e para participar é necesario escribir —nos prazos establecidos— a cgac.educacion@xunta.gal indicando o título da actividade na que desexan inscribirse, os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un correo electrónico.

Só serán admitidas as persoas que teñan a idade sinalada para cada un dos talleres.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación.

PRAZAS: 10 nenos/nenas acompañados cada un por 2 familiares máximo en cada taller

Virginia Villar

Departamento de Actividades e Educación

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Ramón del Valle- Inclán 2

15703 Santiago de Compostela, A Coruña

España

Tlfno.: 981 546 602

http://cgac.xunta.gal

www.facebook.com/CGACSantiago
twitter: @cgac_santiago

Felicitación do Nadal

Queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para este Nadal e o novo ano que nos agarda.

 

As portas do Nadal

Consumo responsable, NADAL

Esperamos que desfruten dun Bo Nadal e teñan un FELIZ 2018

Decálogo consumo responsable Nadal

Traballamos co noso medio ambiente en galego.

Día contra a violencia de xénero

Mes da Ciencia en Galego

Magosto 2017