Monthly Archives: abril 2026

10 de maio pequerruta “Bordear Iroite”

Desde o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés consideramos que o contacto ca natureza é moi importante para o benestar dos nenos/as e mozos/as tanto a nivel físico como emocional, polo que vamos a promover neste ano catro rutas pensadas para eles.

O domingo 10 de maio vamos facer unha ruta pensada para nenos/as e mozas/os a partir de 8 anos, pequerruta “Bordear Iroite”.

Serán sobre 9,5 quilómetros e fácil de dificultade.

Cada menor deberá ir con pai/nai ou titor.

Empezaremos a andar nunha explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8

A ruta percorre partes dos concellos de Lousame, Porto do Son e Boiro, iremos pola balconada de Iroite, tendo vistas da ría de Muros e Noia, estaremos polas chans do Barbanza e remataremos tendo vistas da ría de Arousa.

Iremos en coches particulares, quedamos de puntos de encontro:

En Boiro ás 10 enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro

Ou ás 10 e 25 en explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8

Hai que levar calzado axeitado para andar, aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

Para inscribirte deberás

PASO 1 (dúas opcións):

Opción A: Federar ao menor para todo o 2026 -ten un coste reducido entre 0 e 13 anos 15 € e entre 14 e 17 anos 23 €- e facer ao acompañante seguro de día 8 € (se colles esta opción nas seguintes pequerrutas os menores xa non terían que pagar).

Opción B: Se prefires hai esta outra opción facer un seguro de día para o menor e para o acompañante, o coste son 8 € para os adultos e 5 € para os mozos.

No caso de que xa estés federado na federación galega de montañismo contacta con nos pois nese caso hai outra opción.

A modo de exemplo:

Se escolles a opción A e vai participar un menor de idades comprendidas entre 8 e 13 anos e un adulto e se vai federar o neno para todo o ano o coste son 23 €

Se escolles a opción B e vai participar un menor de idade e un adulto se fai seguro de día para o menor e o adulto o coste son 13 €.

No caso de máis nenos/as nunha familia sumar os nenos/as que correspondan.

Os ingresos se farán na conta ES2520800310553000121101 (Abanca) indicando nome e apelidos e pequerruta Iroite.

PASO 2: Mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com  indicando pequerruta Iroite, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento do/a menor, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento, enderezo completo con código postal e telefono do adulto e lugar onde te incorporas Boiro ou Casamea.

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA ÁS 20 HORAS DO 5 DE MAIO. Como as prazas son limitadas e se cubren por orde de inscrición pode ser que remate antes.

Se tes algunha dúbida ou queres máis información podes poñerte en contacto con nos no correo electrónico vintedouspes@gmail.com ou nos teléfonos 615637227 634602412

Neste ano temos previsto facer outras tres pequerrutas.

No caso de que te inscribas, o sábado 9 de maio a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog (https://vintedouspes.blogspot.com/)por se hai algún cambio de última hora.

Saúdos do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés