Monthly Archives: febrero 2019

Festa de Entroido

A ANPA Torre de Goiáns convídavos á Festa de Entroido.

PROCESO DE ADMISIÓN, reserva de praza do 1 ao 20 de marzo

No seguinte enlace (clica) toda a información sobre o proceso de admisión de novo alumnado. Poderán descargar os anexos, facelo desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou recollendo unha copia en papel do formulario no Centro.

Poden ver/descargar un resumo sobre as instruccións:

Que está extraída das instrucións recibidas da Xefatura Territorial que poden descargar desde aquí.

Todas aquelas familias dos nacidos no ano 2016, poden visitar o centro o día 12 de marzo ás 17:30h (https://santabaia.es/?p=4890)

Seguiremos informando nesta entrada de todos as novas sobre o tema. SAÚDOS

Entroido 2019

O venres 1 de marzo festexaremos o entroido no centro, para colaborar na mantenza desta tradición da nosa terra.

Durante os días anteriores, o Felipiño axudaramos a ir quentando motores indicándonos as «prendas» que nos deben acompañar nesas xornadas. MANDATOS DO FELIPIÑO

O martes 26/02 de 17:30 a 18:00h na aula de música, convidamos ás nais/pais que queiran aprender unha pequena coreografía que realizaremos no desfile.

Agradeceremos a súa participación ca aportación de doces típicos para a degustación ao remate do desfile.

DESFILE, que compartiremos cos compañeiros do CEIP PRAIA XARDÍN e no que contaremos coa estimable colaboración da Policía Local. Ademais da coreografía ensaiada, o alumnado de 5º e 6º de ambos centros amenizarán cun macrogrupo de percusión.

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai a organizar este venres 1 de Marzo unha festa de carnaval. Será no pavillón do colexio, das 16:30 as 19:30 horas.

A entrada será gratuíta para as familias socias da ANPA. Os prezos das entradas para os non socios será de 3€ nen@ e 2€ adult@. Contaremos con inchables, monitorado e actividades para os nenos e nenas.

Instalarase tamén unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a prezos populares, co fin de recadar fondos para as excursións de fin de curso.

Por se lles serve de orientación, deixamos neste enlace…


BOOKS

Novos títulos en Inglés na Baiabiblio.

CONTANDO CO KAMISHIBAI

 Un grupo de alumn@s de 2º elaboraron un kamishibai dun dos seus contos favoritos: «La extraña visita» de Gracia Iglesias Lodares e acercámonos a contarllo ás aulas de Infantil dos seus irmáns.

Fermosa experiencia!!