Daily Archives: 13 febrero, 2019

Entroido 2019

O venres 1 de marzo festexaremos o entroido no centro, para colaborar na mantenza desta tradición da nosa terra.

Durante os días anteriores, o Felipiño axudaramos a ir quentando motores indicándonos as «prendas» que nos deben acompañar nesas xornadas. MANDATOS DO FELIPIÑO

O martes 26/02 de 17:30 a 18:00h na aula de música, convidamos ás nais/pais que queiran aprender unha pequena coreografía que realizaremos no desfile.

Agradeceremos a súa participación ca aportación de doces típicos para a degustación ao remate do desfile.

DESFILE, que compartiremos cos compañeiros do CEIP PRAIA XARDÍN e no que contaremos coa estimable colaboración da Policía Local. Ademais da coreografía ensaiada, o alumnado de 5º e 6º de ambos centros amenizarán cun macrogrupo de percusión.

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai a organizar este venres 1 de Marzo unha festa de carnaval. Será no pavillón do colexio, das 16:30 as 19:30 horas.

A entrada será gratuíta para as familias socias da ANPA. Os prezos das entradas para os non socios será de 3€ nen@ e 2€ adult@. Contaremos con inchables, monitorado e actividades para os nenos e nenas.

Instalarase tamén unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a prezos populares, co fin de recadar fondos para as excursións de fin de curso.

Por se lles serve de orientación, deixamos neste enlace…