Monthly Archives: noviembre 2023

Tarefas hoxe

Hola mañá temos poucas clases, falarei co resto de mestras e mestres, pero co da carreira pouca materia poderemos dar.

CIENCIAS NATURAIS, elaboramos o mapa mental dos fungos (que o faga cos seus debuxos no caderno)

En GALEGO revisamos da páxina 48 o 8, 9 e 10 que comezaron onte.

Hoxe fixemos o 2, 3 e 4 da páxina 50. Non sei se rematou a historia localizada nos arredores da desembocadura do río Coroño (no que teñen que aparecer os distintos graos do adxectivo).

CIENCIAS SOCIAIS corriximos o 6 e 7 da páxina 28 e comezamos os exers. 8 e 9.

Novembro…

Bo día ! Este mes de novembro ,tivemos bastantes actividades polas datas celebradas como o Samaín e o Magosto, por iso estiven sen subir fotos das tarefas feitas. Facendo un pequeno recopilatorio, hoxe gustaráime falarvos da respiración e da súa importancia na fonación e na relaxación das crianzas. Aprender a respirar ben é unha tarefa que non parece ter moito interese pero que axuda a que non aparezan trastornos da voz. Temos que ser conscientes que a voz é o noso instrumento de traballo, relacións e comunicación en moitos casos. Observando a moito alumnado, vese que presentan unha respiración invertida (no que o abdomen se contrae ao respirar e o contrario ao espirar) ou realizan movementos desproporciados sen control. Pois ben , por todo iso, na aula de AL tamén traballamos a respiración co noso alumnado para regular o aire, conseguir coordinación entre a respiración e a fonación, relaxar a musculatura, alargar as fonacións e outros. Algún dos xogos e exercicios que levo a cabo son : o xogo de » teño un globo na miña barriga » e » a Tartaruga e o león». Todos estos xogos, son levados a cabo nun ambiente tranquilo , sen luz e con música para favorecer a relaxación total do alumnado. Pouco a pouco , e mediante a práctica aprenderán a regular a respiración que tanto inflúe na fala e na coordinación respiración-emisión.

Para rematar, gustaríame engadir que é moi importante ensinarlle os nenos/as a importancia da respiración e da voz e do cuidado da mesma. Aquí vos deixo algúns consellos que vos poden axudar como familias no cuidado da voz:

Evitar comidas e bebidas moi quentes ou frías, evitar cambios de temperatura bruscos, non forzar a voz, reducir o carraspeo seguido, evitar respirar sempre pola boca, non elevar o tono, non chillar ou gritar no parque o nos xogos, facer respiracións e relaxación, hidratarse con moita auga, descansar a voz , facer gárgaras, etc. Espero que vos sirvan e sexan de axuda sobre todo agora que se achega o inverno. Saúdos e bo domingo! ( A maiores colgo algunhas fotos doutras actividades feitas de articulación, conciencia fonolóxica, morfosintaxe, etc.)


Producimos oracións de medo pola samaín con vocabulario terrorífico.
Conversión fonema a grafema.
lectura con bocas. Comezos da lectoescritura. (Principio Alfabético).
Grafomotricidade tan necesaria para a posterior adquisición da escritura.
traballo de conciencia léxica e silábica .
Articulación xunto co recoñecemento de fonemas e grafemas.

Espazo familiaS. Martes 21 ás 18:00h

ESPAZO FAMILIAS: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título

“Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía”

O primeiro faladoiro terá lugar o martes, 21 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Este obradoiro estará a cargo de Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, que nos axudará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nos estudos académicos.

Contaremos, ao igual que o curso pasado, con obradoiros para a rapazada.

Máis información na web EspazoFamiliaS https://espazofamilias.org/

Animádevos a participar!

Información foto recordo escolar

Recorden que o diñeiro ou as fotografías a devolver, entregaranse directamente en Stuido A4.

(https://maps.app.goo.gl/pr1N2YdcSqBYq38B8, casi frente ao colexio)

Presentado previa xornada das fotografías.

Proposta en marcha

Camiño escolar seguro. Nos próximos días farémoslles chegar unha enquisa para coñecer a súa opición.

Recomendacións lectoras

Durante este curso traballaremos con dous libros en castelán e dous e galego (os dous primeiros de cada listaxe) que irei avisando para traer a clase.

O resto dos títulos son por se conseguen ir a un ritmo maior que o da clase e así teñen unha referencia para poder seguir lendo.

Moitos xa os temos na biblio do colexio, o resto irémolos incorporando.