Monthly Archives: octubre 2022
Moito Maxín no Samaín
Benvido Chuvioso Xoves!
O colexio estase a poñer de medo e terror coa decoración e as cabazas que van traendo as familias!. Como sabedes o Samaín , do nome Samhain é unha festividade de orixe celta que despide o verán e da a benvida ao inverno . Na celebración se creía que o mundo dos mortos abríase deixando espazo libre para poder moverse polo mundo dos vivos, polo que a xente se disfrazaba con máscaras e peles e deixaban encendidas cabazas e luminarias para que os mortos os deixasen en paz. Dende a nosa aula de AL , compartimos algunhas actividades que estivemos a facer nestes días cos nenos/as . Nelas traballamos as habilidades metalingüísticas ( necesarias para un uso axeitado da linguaxe) como son a conciencia sílabica e léxica. Para facelo máis atractivo utilizamos un Genially terrorífico con ambientación de Samaín. Tamén estivemos a facer redaccións do Samáin con palabras dadas mediante as autoinstruccións , tan necesarias para o estudo e a organización da información. Saúdos terroríficos.......
Xogamos coa granxa!
Hola familias: O xogo simbólico é un tipo de actividade onde os nenos/as, xogan e imitan a persoas , situacións e circunstacias . Con este xogo , se axuda aos pequenos a interpretar e asimilar o mundo que lles rodea. Antonte estivemos xogando coa granxa , coa que traballamos vocabulario e morfosintaxe , relacionada cos animáis elaborando frases de D+S+V e estimulando a linguaxe oral mediante onomatopeas. Vémonos!
SAMAÍN 2022
Para toda a comunidade educativa.
Poden colaborar aportando doces típicos (o venres recollémolos nas aulas) e cabazas adornadas (xoves e venres déixanse no hall ou diante da oficina da anpa).
Pola mañá realizaremos actividades co alumnado, entre outras, degustación de postres típicos.
Ás 17:00h a Anpa organiza unha festa no pavillón (túnel terror, inchables, cantina, monitores…)
Ás 19:00h teremos a mostra de cabazas (nos patios do centro) e a degustación de doces (no comedor escolar).
Ás 20:00h concerto no patio cuberto de infantil.
Baia Radio Música 13
Eleccións ao consello escolar 2022
Seguindo a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación
e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización
de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos
con fondos públicos, comezamos o proceso coa publicación da DATA E HORA DO SORTEO PÚBLICO para a designación dos membros da XUNTA ELECTORAL.
Todas as persoas (nais, pais, titores/as) responsables dalgún/ha alumno/a do centro, entran no sorteo para constituír a Xunta Electoral que velará polo correcto desenvolvemento de todo o proceso.
Nesta entrada iremos actualizando a evolución de todo o proceso.
SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
Mércores 2 de novembro ás 12:00h
Luns 7 de novembro ás 13:00h, constitución da Xunta Electoral.
Censo de responsables no taboleiro de anuncios. Aberto o prazo de reclamación ao censo ata o 17 de novembro.
Ata o 18 de novembro ás 14:00h, presentación de candidaturas
Martes 22, a Xunta Electoral ven de aprobar os censos e as candidaturas para a votación do vindeiro 29 de novembro entre as 16:00 e as 19:00 horas.
Unha vez rematado todo o proceso, a xunta electoral na súa derradeira xuntanza, confirma os resultados das eleccións ao Consello Escolar.
Serán representantes das familias durante os próximos 4 anos:
- Patricia María Davila Hermo, 21 votos.
- Ramón Ríos Ordóñez, 14 votos.
Continúa como representante da Anpa e a proposta desta:
- María Rosario Caamaño González
Completan a representación as persoas elixidas nas anteriores eleccións: - Noelia Piñeiro Muñiz.
- Olga Moledo Olveira.
Realizaremos nos próximos días a xuntanza para oficializar no seo deste órgano a nova composición.
Realizaremos nos próximos días a xuntanza para oficializar no seo deste órgano a nova composición.
Saúdos, e grazas ás persoas que acompañaron o proceso.
QUEVEDO
Tarefa para 4º A :
Copiar só o remarcado en azul , que é o retrouso .