Monthly Archives: febrero 2025
Desfile entroido… 28F
Obradoiro de percusión para nais e pais do centro

O vindeiro martes 25 de febreiro ás 17:00h na aula de música do centro, poden participar nun obradoiro de percusión orientado a nais, pais e docentes que queiran participar (número máximo 30 persoas).
Só teñen que chamar (881866590) ou enviar un correo (ceip.santabaia@edu.xunta.gal) para realizar a reserva de praza antes do venres 21. Os 30 primeiros que vos apuntedes participarán gratuitamente desta actividade.
De non completar aforo con adultos, poden participar co seu fillo/a de segundo ou terceiro ciclo (máis pequenos terían dificultade de seguir o obradoiro). Indiquen no correo ou na chamada que lles gustaría (avisariamolos telefonicamente de ser posible asistir co/a alumno/a).
Entroido 2025

Actividades previstas!
Durante as semanas previas estaremos preparando os disfraces… este ano… A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS!
Durante a semana de celebración…
- Os mandatos do Felipiño.
- Obradoiro de percusión (5º, 6º e martes pola tarde adultos)
- Degustación de produtos do entroido.
- O gran desfile do venres!
- Festa da Anpa, venres pola tarde.
IES Praia Barraña, xornada portas abertas

Dende o IES Praia Barraña queremos solictarvos a difusión da XORNADA DE PORTAS ABERTAS para:
– Nais/pais/ responsables legais do alumnado interesado en cursar 1º ESO.
– Alumnado e familias interesadas en cursar 1º de Bacharelato. Haberá unha aproximación especial para o alumnado da modalidade de artes.
A idea é que o venres 21 de febreiro se acheguen ata a aquí ( Avenida de Compostela, 50 en Boiro) e coñezan o noso proxecto educativo, ao profesorado e as instalacións do centro.
Será ás 17:00 horas.
Haberá servizo de canguraxe gratuíto.
