Monthly Archives: mayo 2023

Comedor: novo regulamento.

Aprobado un novo regulamento do comedor.

O prazo de solicitudes (ver o regulamento e anexos na ligazón anterior) comezará o próximo 20 de xuño e deberá facerse NECESARIAMENTE a través do correo electrónico, e rematará o 20 de xullo (anpatorredegoians@gmail.com).

Só serán admitidas as solicitudes recibidas por este medio. Posto que a orde (data e hora) de chegada poden influír na adxudicación de prazas.

Nota: Os anexos (solicitude) poden obterse na ligazón do regulamento.

Olloboi 2023

Comeza o FESTIVAL Olloboi2023

Esta é a programación á que nos informan que está convidada toda a comunidade educativa!

Para asistir á gala final, tedes que apuntarvos na súa web https://www.olloboi.com/ Enlace directo: https://www.olloboi.com/formularios/form_muchachada/

Coñecendo a lectoescritura

Homenaxeado, Letras Galegas 2023

O Día das Letras 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, ensaísta, narrador e político xurdido no seo do Grupo Nós, que levou a cabo un intenso e extenso labor intelectual a prol da lingua, podéndose destacar o propio feito da conmemoración do Día das Letras Galegas existir, xa que foi un dos promotores da idea.

A importancia da Conciencia Léxica .

O proceso lectoescritor é unha tarefa complexa que require dun traballo en varias aspectos. Tanto os sons coma as letras , unidades mínimas sen significado, conlevan dificultade polo que é necesario un traballo da conciencia léxica, silábica e fonémica. A conciencia léxica é a primeira área a traballar dentro da chamada conciencia fonolóxica. É o contacto directo coas palabras coma un todo ou parte dunha oración para posteriormente poder analizar e profundizar máis minuciosamente. O desenvolvemento desde habilidade é necesario dende infantil para así ir podendo diferenciar as palabras contido ( palabras con significado) das palabras función( conectores) o cal evitará posibles erros de unións, fragmentacións, adicións e outros na escritura. Hoxe vos deixo un exercicio para traballar a conciencia léxica. Neste caso en concreto estase a traballar con alumnado con dificultades de aprendizaxe e trastorno lectoescritor polo cal seguen a ter a dificultade en cursos superiores. Unha maneira de facelo máis práctica e que o exercicio o interioricen por varias vías multisensoriais.

Xornada sen emisións CO2

O venres 12 de maio realizaremos no centro a Cuarta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello.

Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio ÁS 8:30horas, e volta ao remate da xornada lectiva.

SAÚDOS

BECAS e AXUDAS para alumnxs con necesidade específica de apoio educativo

Prégase a entrega no centro antes do 15 para unha correcta xestión e organización.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

NOVAS MATRÍCULAS 4º INF.

CURSO ACADÉMICO: 2023-2024

  • Data: venres 2 de xuño
  • Familias do alumnado que comeza en 4º Educación Infantil (3 anos) no curso académico 2023/2024. O alumnado interaccionará con crianzas xa escolarizadas realizando o primeiro contacto e os maiores coñecerán mellor as dinámicas e organización escolar.

QUENDAS:

  • De 09:40h a 10:30h os primeiros 16 alumnos da listaxe de admisión por orde alfabético (desde Bermo Silva a Rodríguez Giráldez).
  • De 10:35h a 11:25h a segunda metade da listaxe (desde Rodríguez Zanoni a Vieites Camiño).

SAÚDOS, equipo docente educación infantil.