Monthly Archives: octubre 2017
Saída do alumnado de primaria
Bos días
A partir do luns 30 de outubro, e co afán de mellorar a organización e facilitar o cumprimento das instrucións 9/2017 sobre a saída do alumnado, instamos aos responsables de recoller ao alumnado de primaria a que se sitúe na zona do patio cuberto destinada a cada nivel (onde fan a fila para a entrada ao Centro). Deste xeito intentamos facer máis fluída, organizada e cómoda para todos a saída.
A dirección
VENDIMA NO COLE
Todo o alumnado de 3º de primaria tivo unha xornada dedicada a coñecer un froito tan outonal como a UVA e os seus derivados: mosto e viño.
Puidemos elaborar e probar mosto branco e tinto, separar o bagazo e deixamos fermentar un pouco de mosto para ver o efecto que se producía para obter o viño.
Nunca víramos o gas que se produce e que tamén está na coca cola!!!!
É DIVERTIDO APRENDER VISITANDO A COCIÑA DO COLE!!!!!!!.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES coas seguintes actividades:
- Contacontos no recreo:
- Sesión de formación de usuarios. O alumnado do centro acudirá á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
- Posta en marcha das mochilas viaxeiras para 5º e 6º.
- Entrega ás familias do tríptico explicativo do funcionamento da Baiabiblio
LIBROS DE TEXTO DE 3º E 5º NIVEL
Xa é sabido por vostedes da problemática xurdida pola negativa da consellería ao cambio de libros de texto de 3º e 5º nivel, pero non podemos dilatar máis o comezo do traballo ordinario nas aulas con este recurso.
A partires desta semana, vaise a comezar o traballo cos libros de texto da seguinte maneira:
– Nas asignaturas que todo o alumnado do grupo teña libro, traballarase de maneira habitual.
– Nas asignaturas nas que algún neno/a non teña o libro, e mentres non o consiga, este recurso só será material de aula.
Deste xeito tentamos que esta situación afecte o mínimo ao alumnado.
Boiro, 16 de outubro de 2017
SAÚDOS
O director.
CLUB DE LECTURA
Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.
O libro elixido polos membros do club é «Ojos de nube», de Ricardo Gómez.
http://baiabiblio.blogspot.com.es/
Achegando dous mundos
Centros colaboradores coa ANPA
Aquí vos deixamos a listaxe de comercios colaboradores coa ANPA e a listaxe de descontos para socios.
Lembrade que a oficina está aberta os martes de 8:45 a 11:15 para todos os que queirades facervos socios.
PECS 2
PECS 2
- SÁBADO 11 Y DOMINGO 12 NOVIEMBRE
- HORARIO:
-
- Sábado: 9-14h y de 15:30-19:30h
- Domingo: 9-14h
- DURACIÓN: 13 horas de formación
- DIRIGIDO A : Logopedas, psicólogos, psicopedagogos, maestros, terapeutas ocupacionales, padres y otros profesionales que trabajen con personas con trastornos del desarrollo.
- IMPARTE: PECS España. Cristina Ibáñez
- ORGANIZA: Afalar. Centro de estimulación y aprendizaje. Centro Sanitario C-36-002423
- TELF: 986 194 540
- EMAIL: formacionafalar@gmail.com
- PRECIO: 230 Euros (Antes del 12 de octubre) 250€ (Del 13 de octubre al 2 Noviembre)
-
- Grupos de 3-4 personas: 10% de dto/participante.
- Grupos de 5 personas o mas: 15% de dto/ participante
- LUGAR: Hotel Coia. Calle Sanxenxo Nº:1 VIGO
- INSCRIPCIÓN http://afalar.com/
formacion/pecs-2
FECHA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN EL 2 DE NOVIEMBRE 2017
Centro de Estimulación y Aprendizaje Eva López.
Twiteer: @EvaLogopeda