Monthly Archives: enero 2026

Camiño á adolescencia

O martes 27 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu unha charla formativa dentro do programa “Camiño á adolescencia”. Foi impartida por Patricia Labandeira, matrona no centro de saúde de Boiro. Durante a sesión abordáronse as distintas etapas vitais, facendo especial fincapé na pubertade como un período de transición no que se producen importantes cambios físicos, psicolóxicos e emocionais.

Explicáronse de maneira clara e adaptada á idade os cambios corporais que experimentan nenos e nenas, así como as necesidades de hixiene e coidado persoal asociadas a esta etapa. Tratáronse tamén conceptos clave como a menarquia, a espermarquia e a hixiene menstrual, normalizando estes procesos e ofrecendo información rigorosa para favorecer unha vivencia saudable e sen medos. Ademais, dedicouse un espazo a desmontar mitos e falsas crenzasrelacionadas coa pubertade e a sexualidade, promovendo unha visión respectuosa e baseada no coñecemento.

Esta charla resultou de gran importancia para o alumnado, xa que lles permitiu comprender mellor os cambios que están a experimentar ou que experimentarán proximamente, favorecendo a aceptación do propio corpo, o coidado da saúde e o desenvolvemento dunha autoestima positiva. Ademais, contribuíu a crear un espazo de confianza para resolver dúbidas, fomentando actitudes de respecto cara a un mesmo e cara ás demais persoas.

A actividade está directamente relacionada cos contidos traballados nas seguintes áreas desde as titorías. 

  • Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, ao abordar o corpo humano, o desenvolvemento persoal e o coidado da saúde.
  • Educación en Valores Cívicos e Éticos, ao promover o respecto, a igualdade, a convivencia e a aceptación da diversidade corporal e emocional.
  • De maneira transversal, tamén contribúe á educación para a saúde, á educación afectivo-sexual e ao desenvolvemento das competencias persoais e sociais do alumnado.

En conxunto, a charla supón unha achega moi valiosa ao proceso educativo integral do alumnado, complementando o traballo realizado na aula e reforzando os obxectivos curriculares establecidos para esta etapa. Dende o centro agradecemos a Patricia a súa cercanía e claridade á hora de tratar temas tan importantes para o noso alumnado de 6º, o cal se amosou, a nivel xeral, moi curioso e participativo.

Obradoiro para a comunidade educativa!

Nais, pais, docentes… e alumnado de sexto nivel, estades convidados a participar neste entretido obradoiro. Só tedes que inscribirvos en secretaría. Por orde de chegada e ata completar aforo.

LUNS 2 E 9 DE FEBREIRO na aula de música de 16:30 a 18:30h.

Admisión alumnado 26/27

Comeza o proceso de admisión para matrícula do curso 2026/2027.

Prazo reserva IES adscrito (IESP A Cachada): do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

  • Este prazo é para o alumnado de 6º primaria que continúe os seus estudos no IES adscrito A Cachada (o resto terán que realizar a solicitude de admisión no prazo ordinario no IES ao que optan). Poden facelo online (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou entregando o impreso ED550A na secretaría do centro (poden recoller tamén aquí unha copia).

Prazo solicitude ordinaria de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Norma reguladora. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48760