Categoría : SECRETARIA
ELECCIÓNS REPRESENTANTES CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias, comeza o proceso para a elección de representantes ao Consello Escolar do Centro.
O vindeiro xoves 15 de outubro ás 13:00h realizaremos o SORTEO PÚBLICO para designar aos membros da Xunta Electoral que organizará e velará polo correcto funcionamento de todo o proceso.
Na primeira xuntanza aprobarase o calendario electoral onde poderán atopar os prazos de presentación de candidaturas, exposición dos censos, prazos de reclamación…
Animamos a nais/pais e titores/as legais do alumnado a presentarse para coñecer mellor o funcionamento e poder facer propostas de mellora das dinámicas do centro.
Este ano hai unha novidade, habilitarase a opción de voto telemático a través da aplicación AbalarMobil.
Seguiremos informando.
SAÚDOS
Calendario escolar
Seguindo a Orde do 4 de xuño do 2026, onde se regula o calendario escolar para o presente curso, os centros educativos de Boiro acordaron solicitar o 13 de outubro e o 30 de marzo (ademais do 7 de decembro,xa elixido pola administración, día do ensino).

Descarga de boletíns desde o abalarMóbil
Informar que xa está dispoñible en abalarMóbil e espazoAbalar unha nova funcionalidade para as familias, que permite descargar o informe de avaliación en formato PDF.
Para acceder a este servizo, deben entrar no apartado “Cualificacións” e seleccionar “Solicitar informe de avaliación”. Unha vez realizada a solicitude, recibirán ao cabo duns minutos, unha notificación push indicando que o documento xa está dispoñible para a súa descarga.
Pódese consultar toda a información sobre abalarMóbil no portal espazoAbalar:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil
Neste mesmo espazo tamén está dispoñible o manual de uso en formato PDF:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/descarga-manual-pdf
Saúdos!

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso 2026/2027
Prazo de solicitude: do 19/5/2026 a 19/6/2026, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 29 de abril de 2026 (DOG do 18 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo. (poden pasar a recoller unha copia a partires do martes 19 de maio).
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.
Admisión alumnado 26/27
Comeza o proceso de admisión para matrícula do curso 2026/2027.
Prazo reserva IES adscrito (IESP A Cachada): do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
- Este prazo é para o alumnado de 6º primaria que continúe os seus estudos no IES adscrito A Cachada (o resto terán que realizar a solicitude de admisión no prazo ordinario no IES ao que optan). Poden facelo online (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou entregando o impreso ED550A na secretaría do centro (poden recoller tamén aquí unha copia).
Prazo solicitude ordinaria de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- O prazo para a solicitude online remata o 20 de marzo, pero de maneira presencial no centro poden entregalo ata o luns 23 de marzo.
Norma reguladora. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48760




















































