Monthly Archives: abril 2023
Plan director, GC e CNP
A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña organiza unha xornada de mañá que terá lugar no Edificio Cultural A Senra Bergondo (Pegado ao CPI Cruz do sar) o sábado día 6 de maio para dar a coñecer ás anpas e a equipos directivos dos Centros o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.
Este Plan persegue previr calquera risco que afecte á seguridade dos nosos menores e mozos na escola e espazos onde se socializa. Como sabedes, as charlas organizadas pola Policia Nacional e a Garda Civil dentro do Plan Director, habitualmente, e a pedimento do profesorado, adoitan ir dirixidas ao alumnado. A partir de agora, por acordo da Federación Provincial de Anpas e da Subdelegación do Goberno, estas charlas van poder ser solicitadas polas ANPAS, como formación tamén para as familias; algo que nos parece de suma importancia para previr, detectar e afrontar situacións complicadas.
A colaboración da contorna familiar do alumnado é fundamental para conseguir alcanzar os obxectivos marcados polo Plan Director, que vira ao redor das seguintes temáticas:
-Riscos da internet
-Acoso escolar
-Violencia de Xénero.
– Bandas Xuvenís.
– Drogas e Alcohol
Esta presentación do día 6 de Maio se axusta ao seguinte
PROGRAMA:
9,45 horas: Recepción de asistentes.
10:00 Benvida dá Alcaldesa de Bergondo Alejandra Pérez Máquez.
10:15 horas: Presentación do Plan Director María Rivas López. Subdelegada do Goberno.
RELATORES:
10:30 horas José Alfeirán Rodríguez. Alto Inspector Educación.
10:45 horas Antonio Rial Boubete. Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.
11:45-12:00 Pausa/café
12:00 horas Sergio García Vázquez. Cabo Guardia Civil. Formador Plan Director da Comandancia da Coruña.
13:00 horas Alberto Arias Álvarez. Inspector, Delegado de participación Cidadá da Coruña.
14:00 Clausura Mª José Ferreño Precedo. Presidenta da Federación
Esperamos a vosa asistencia e facilitámosvos ligazón para que formalicedes a inscrición, que rematará o día 4 de maio.. Seguiráse a listaxe de inscrición ata completar aforo.
Rogamos fagades difusión do evento ás familias do voso Centro Escolar.
Saúdos Xunta Directiva
Picar aquí:
Federación Prov. ANPAs. Centros Públicos
R/ Orzán, 21
15001 A Coruña
Tfnos: 981 20 20 02
DEPRESIÓN E SUICIDIO NA INFANCIA E ADOLESCENCIA
ANPA TORRE DE GOIÁNS ORGANIZA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE BOIRO “IMPACTO DO CONFINAMENTO NO AUMENTO DE CASOS DE ANSIEDADE,
DEPRESIÓN E SUICIDIO NA INFANCIA E ADOLESCENCIA”
PONENTE: JULITA TOURIÑO ARAUJO, PSICÓLOGA
(MEMBRO DO GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS)
28 DE ABRIL NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE BOIRO
DE 20:00 A 22:00H
Calendario escolar 23/24
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39642
O vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024. Así o acordaron hoxe a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente. Este calendario rexe para todas as etapas educativas, agás as Ensinanzas de Réxime Especial, que rematan o 28 de xuño. Tamén subliñar que no caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, Abau.
Así pois, ademais do inicio e remate do período lectivo, o documento que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia establece que os períodos de vacacións escolares irán do 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive; os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024 para o Entroido; e desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024 para a Semana Santa. A maiores, queda establecido como non lectivo o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2023.
O final de curso 2023-24 vaise desenvolver de igual maneira que o do presente curso. Isto é, que para as etapas de Secundaria os centros poderán facer coincidir a terceira avaliación parcial coa avaliación final, polo que non existe ningunha novidade a este respecto. Tamén se mantén invariable o período de adaptación, onde os centros poden optar por unha incorporación gradual do alumnado de 4º de Infantil, que non se prolongará máis aló do 15 de setembro.
O TDAH ( Trastorno por Décifit de Atención con e sen Hiperactividade ) e as dificultades na linguaxe.
Hoxe imos a falar un pouco sobre o TDAH. Pero… Qué e o TDAH? Pois o TDAH é un trastorno do neurodesenvolvemento e orixe neurobiolóxico que presenta un patrón que persiste de inatención e/ou hiperactividade e impulsividade que inferfiren na vida do neno/a. É importante saber que o trastorno iníciase na infancia , segue na adolescencia e perdura na idade adulta polo que vai a acompañar a persoa no seu proceso vital. Os comportamentos do TDAH deben de darse en dous ambientes para poder ser diagnosticado ( casa, familia, escola, sociedade, etc) polo que é necesario facer unha boa avaliación e estar ben atent@s . A presenza do TDAH non ten porque conlevar erros na linguaxe pero se ben é certo que hai un gran número de alumnado que amosa dificultades na adquisición da linguaxe, na morfoloxía , na conciencia fonolóxica , na pragmática como uso social e na comprensión e expresión oral e escrita. Por todo isto, algún alumnado con TDAH acude a aula de AL para traballar estas dificultades xunto cos erros ortográficos e de comprensión provocados pola impulsividade e falta de atención. Algunhas actividades para poder mellorar poden ser as seguintes: Citar palabas que comecen por una fonema determinado, palabras encadenadas, crear oracións con sentido con recortes de periódicos, role playing sobre situacións sociais, contar historias e facer preguntas, etc. Ahí vos deixo algunha imaxe de actividades feitas con alumnado con TDAH e afectación da linguaxe.
Letras galegas – Seminario Galán
Xa está a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria, elaboradas polos GT do Seminario de Galán.
Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, cronoloxía, marcapáxina, libro de lapelas, comecocos… material que pode facilitar ao profesorado a celebración do Día das Letras Galegas.
Este ano como novidade achegamos actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario…, con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos… unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.
A ligazón da web do Seminario é a seguinte:
.
http://www.seminariogalan.org
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Alejandra Campo Penín e María Barca Gómez
Coordinadoras GT Seminario Galán