Calendario escolar 23/24
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39642
O vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024. Así o acordaron hoxe a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente. Este calendario rexe para todas as etapas educativas, agás as Ensinanzas de Réxime Especial, que rematan o 28 de xuño. Tamén subliñar que no caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, Abau.
Así pois, ademais do inicio e remate do período lectivo, o documento que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia establece que os períodos de vacacións escolares irán do 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive; os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024 para o Entroido; e desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024 para a Semana Santa. A maiores, queda establecido como non lectivo o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2023.
O final de curso 2023-24 vaise desenvolver de igual maneira que o do presente curso. Isto é, que para as etapas de Secundaria os centros poderán facer coincidir a terceira avaliación parcial coa avaliación final, polo que non existe ningunha novidade a este respecto. Tamén se mantén invariable o período de adaptación, onde os centros poden optar por unha incorporación gradual do alumnado de 4º de Infantil, que non se prolongará máis aló do 15 de setembro.
Deja una respuesta