Category Archives: EDLG

O ENTROIDO DO SENTIMENTO

O xoves pasado algunhas das aulas recibiron a visita inesperada dunha “pantalla”, que é como se coñece ás persoas que usan este traxe típico do Entroido  na zona de Xinzo de Limia, pequena vila do interior da provincia de Ourense que xunto con Laza e Verín forman o chamado triángulo máxico do Entroido en Galicia.

Grazas a esta visita puidemos coñecer de primeira man como xa desde cativos os habitantes desta localidade participan activamente nesta celebración tan ancestral, facendo deste o chamado Entroido do sentimento, dado que se vive dunha forma tan especial tan lonxe dos desfiles de disfraces que nós coñecemos.

Como descubrimos, moita xente aforra durante todo o ano para facer este traxe artesanal e tan custoso, que non é un disfrace de paseo senón un de traballo, xa que as pantallas son os vixiantes do Entroido que xuntos percorren as rúas vixiando e poñendo orde para que non haxa ninguén sen disfrazar. Todos aqueles mozos maiores de 18 anos que non estean disfrazados serán cargados polas pantallas e terán que pagar unha ronda como castigo.

Este Entroido forma parte do patrimonio cultural de Galicia e foi declarado Festa de interese Turístico Nacional no ano 1997 para posteriormente no 2019 converterse en Festa de interese Turístico Internacional, sendo o primeiro en conseguilo xunto co de Cádiz e Tenerife, polo que é importante coñecelo, valoralo e respectalo porque forma parte da nosa historia e cultura como pobo.

Ten o título de Entroido máis longo de España xa que ten unha duración de 5 semanas que comezan co domingo fareleiro (dedicado a tirar fariña), o domingo oleiro (dedicado a tirar ao aire olas de barro cheas de auga hasta que a alguén se lle caian ao chan), o domingo corredoiro, o domingo de Entroido e finalmente o domingo de Piñata.

Unha larga tradición arraigada nas xentes desta vila que desde pequenos e pequenas cos seus primeiros traxes manteñen esta celebración viva para as futuras xeracións, polo que nunca mellor chamado que O ENTROIDO DO SENTIMENTO.

_autotone

O xardín de Rosalía

Co gallo da celebración do DÍA DE ROSALÍA o vindeiro 23 de febreiro, o EDLG en colaboración cos distintos niveis educativos do centro quixemos homenaxear a tan aclamada autora co «Xardín de Rosalía» que está exposto na entrada do colexio.

As familias poderán visitar a exposición onde verán os diferentes poemas traballados nas aula.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

OS NOSOS APELIDOS

Como remate deste curso 2021-2022 o EDLG seguindo a estela do curso anterior co estudo dos nomes volta cun proxecto máis ambicioso coa edición dun libro sobre a etimoloxía, uso e expansión dos apelidos que nos encontramos no centro.

https://drive.google.com/file/d/1nvTpAuxyYBaNU1R5ZnmsuquDz2UFvD1f/view?usp=sharing

Feliz verán e voltaremos o vindeiro curso con novos proxectos!!!!

DÍGOCHO EU VIII

Aquí vos deixamos o último informe meteorolóxico deste curso. Agradecemos a todos e todas a vosa colaboración para poder facer realidade este proxecto. Vémonos o próximo curso!!!!!

A emigración, as nosas historias…

Xa temos en marcha a exposición cos traballos que nos enviáchedes das vosas familias e achegados.

MOITAS GRACIAS

HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2022

Continuamos completando a nosa colección de caricaturas dos homenaxeados…

DÍGOCHO EU VII

Nova entrega do resumo do «Dígocho Eu Meteorolóxico» do mes de abril.

DÍGOCHO EU VI

Estrea da nosa propia estación DÍGOCHO EU

8M – 2022, Ceip Santa Baia

Se o ves moi pequeno, mira noutra xanela clicando sobre este texto.

Se o ves moi pequeno, mira noutra xanela clicando sobre este texto.

5ª ENTREGA DO «DÍGOCHO EU» METEOROLÓXICO

Aquí vos deixamos unha nova entrega con gráficas comparativas de diversos parámetros meteorolóxicos manifestados no que vai de mes que nos axudan a interpretar o que foi febreiro meteorolóxicamente falando.