Category Archives: INFANTIL
XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CURSO ACADÉMICO: 2022-2023
- Data: venres 3 de xuño
- Familias do alumnado que comeza en 4º Educación Infantil (3 anos) no curso académico 2022/2023. O alumnado interaccionará con crianzas xa escolarizadas realizando o primeiro contacto e os maiores coñerán mellor as dinámicas e organización escolar.
- QUENDAS:
- De 09:40h a 10:30h os primeiros 16 alumnos da lista definitiva de admisión por orde alfabético (desde Blanco a Lojo).
- De 10:35h a 11:25h (desde Lorenzo a Vilarnovo).
MATERIAIS DE AULA CURSO 2021-2022
XUNTANZAS INICIO DE CURSO

Importante acudir só un membro da unidade familiar e sen nenos/as.
INFANTIL: martes 7 de setembro, revisar lugar e horarios no seguinte enlace.
PERÍODO ADAPTACIÓN 4º INFANTIL (3 anos)
PRIMARIA
1º nivel: martes 14 de setembro nas respectivas aulas. 1ºA 17:00h, 1ºB ás 17:15h e 1ºC ás 17:30h.
2º nivel: martes 21 de setembro nas respectivas aulas. 2ºA 16:00h, 2ºB 16:10h e 2ºC 16:20h
3º nivel: Mércores 15 de setembro ás 16:00h 3ºB (titor Guillermo) e 16:15h 3ºA (titora Raquel) nas respectivas aulas, primeiro andar.
4º nivel: martes 14 de setembro ás 16:00h nas respectivas aulas.
5º nivel: Mércores 8 de setembro nas respectivas aulas. 5ºA ás 16:00h, 5ºB ás 16:15h e 5ºC ás 16:30h.
6º nivel: As persoas titoras faranlles chegar toda a información.
GRACIAS

A súa colaboración está sendo fundamental para poder levar a cabo a nova organización de adaptación á Covid-19.
Para mellorar estas dinámicas, debemos ten en conta non entrar no recinto antes da quenda de recollida (á saída) para non xuntarnos coas familias da quenda anterior e á hora de entrada, non esperar no portal de acceso ao recinto (para evitar as aglomeracións).
Tamén recordar que o máis axeitado é que o alumnado entre só (de non ser posible en infantil, máximo unha persoa por familia), para reducir o fluxo de persoas e melloren en autonomía.
Adaptación das programacións
NOVIDADES INFANTIL
Estimadas familias: para aclarar as dúbidas que vos poidan xurdir, facilitámosvos estas contas de correo para que vos poidades poñer en contacto coa titora dos vosos fillos/as:
baiainfantillore@gmail.com
baiainfantilmary@gmail.com
baiainfantilisa@gmail.com
baiainfantilsandra@gmail.com
Xogamos?
Para cando pasen os anos e de todo isto nos quede o recordo do que nos pasaba polas nosas cabeciñas nestes momentos podemos facer este pequeno diario. Animádesvos?


Ademais, a quen nos lle gustan os piratas? Con esta actividade podedes convertervos nos piratas máis valentes que navegan os mares.
Como facelo?
- Imprime ou debuxa as figuras, colorea e recorta cada unha ao teu gusto.
- Cun fío, fai os teus colares para unir mil aventuras.
- Non esquezas buscar pola casa algún accesorio ou complemento para darle máis estilo: un pano, un parche…
Á abordaxe!

Por outra banda, se con música queres alegrar o día, anímate a practicar! https://bandura.ukrzen.in.ua/#lvivbandurfest
E despois dun pouco de música, para manter activos corpo e mente, aí van as propostas desta semana! Non o perdades! https://surcandounmardecontos.blogspot.com/2020/04/desentumecete.html

Apertas!