Monthly Archives: abril 2016
Apertura EXPOCABO maio 2016
Estimad@s amig@s, remitimos información da apertura da exposición do mes de MAIO, do Centro Social de Cabo de Cruz, agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión deste programa cultural. A mostra abriráse ao público o 3 de maio e permanecerá aberta ata final de mes.
EXPOSICIÓN
«Biblioteca Antiga»
A mostra compose dunha colección de libros antigos editados entre o 1893 e o 1963. Podense ollar diferentes xéneros literarios dende novela, poesía, libros relixiosos, escolares, etc entre eles contamos cunha primeira edición da «Barraca» (1929) ou algúns comics da Guerra Civil Española «Episodios de la Guerra Civil» (1939).
Campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade
Informar que está aberto o prazo para os seguintes campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade:
- Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016. Para persoas cunha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% e outro requisitos concretos; a partir dos 11 anos de idade. Prazo aberto ata o día 30 de abril de 2016. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.
- Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no Porgrama Campaña de Verán 2016. Prazo aberto ata o día 23 de abril. No caso de prazas reservadas para persoas con discapacidade, se lle esixe idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade (ter cumpridos os 9 e non ter cumpridos os 18 ao inicio do campamento) e unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, cunha serie de requisitos máis concretos. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.
Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.
Concello de Boiro.
CONCENTRACIÓN AXUDA AO POBO SAHARAUÍ
Ante a grave situación no Sahara Occidental, toda a comunidade educativa local de A Pobra acorda ler o mesmo día, ante todo o alumnado,o manifesto que achegamos e colaborar no programa Veráns en paz da ONG SOGAPS. Esta iniciativa tenta mostrar o noso apoio e o noso compromiso, desde as aulas, cos Dereitos Humanos; visibilizar o conflito saharauí e as persoas esquecidas; así como axudar a través da ONG citada.
Manifesto contra o esquecemento def
Pretendemos estender este paso de sensibilización e compromiso a toda a zona escolar do Barbanza. Se alguén quere unirse a esta iniciativa póñase en contacto co IES de A Pobra, Vicedirección, a través do correo ou por teléfono. Enviaremos un sobre coa información da ONG que tamén servirá para recoller as doazóns da Campaña 1 euro/ 1 alumno.
No seu momento daremos a coñecer a campaña á prensa. Achegamos o manifesto e a convocatoria para que poidades modificar logo, lugar e o que consideredes necesario.
Esperamos que a iniciativa e o compromiso cos Dereitos Humanos sexa acollida polo voso alumnado e entre todos unamos as nosas voces e esforzo para construír un mundo mellor.
Grazas
Andrés Esteban, Vicedirector do IES de A Pobra do Caramiñal.
CONCURSO DÍA DA RECICLAXE
PROMOVIDO POR SOGAMA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO BAIXO O TÍTULO “RECICLA AS TÚAS IDEAS E CONVÉRTEAS EN ARTE” PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE
Bases concurso Día da Reciclaxe a través das redes sociais_Abril 2016
Educación fixa as avaliacións de sexto e terceiro
ESTA SEMANA… o libro é o protagonista!
Xulio Gutiérrez, MªJosé Gulín, Antón Riveiro Coello e o propio alumnado, daranlle valor a este preciado medio de transporte de entretemento, cultura e sabiduría.
Luns e martes, visítanos Xulio Gutiérrez para presentarlles ao alumnado de 5º e 6º a súa colección de libros «Animais extraordinarios»
O xoves María José Gulín realizará dúas sesións de contacontos «O zapateiro no bosque», unha para 1º e 2º ás 11:00, e outra ás 12:00 para 3º e 4º.
Venres
ás 10:30h Antón Riveiro Coello visitará ó alumnado de 2º nivel que traballaron textos seus adaptados, para facer unha actividade xuntos.
ás 12:00h a actividade estrela, o apadriñamento lector!!! un neno de 3º a 6º farase cargo dun alumno de infantil a 2º e será o seu contacontos particular.
ESPERAMOS QUE SE DESFRUTRE!!!
CONCERTO SOLIDARIO
Banda de Música de Boiro co tenor lírico Iván Gulín Porto.
Concerto solidario co pobo Saharaui en colaboración do proxecto Vicente Fernández García.
DOMINGO 1 DE MAIO
«A CACHADA» ÁS 19:00H