Daily Archives: 19 abril, 2016
CONCENTRACIÓN AXUDA AO POBO SAHARAUÍ
Ante a grave situación no Sahara Occidental, toda a comunidade educativa local de A Pobra acorda ler o mesmo día, ante todo o alumnado,o manifesto que achegamos e colaborar no programa Veráns en paz da ONG SOGAPS. Esta iniciativa tenta mostrar o noso apoio e o noso compromiso, desde as aulas, cos Dereitos Humanos; visibilizar o conflito saharauí e as persoas esquecidas; así como axudar a través da ONG citada.
Manifesto contra o esquecemento def
Pretendemos estender este paso de sensibilización e compromiso a toda a zona escolar do Barbanza. Se alguén quere unirse a esta iniciativa póñase en contacto co IES de A Pobra, Vicedirección, a través do correo ou por teléfono. Enviaremos un sobre coa información da ONG que tamén servirá para recoller as doazóns da Campaña 1 euro/ 1 alumno.
No seu momento daremos a coñecer a campaña á prensa. Achegamos o manifesto e a convocatoria para que poidades modificar logo, lugar e o que consideredes necesario.
Esperamos que a iniciativa e o compromiso cos Dereitos Humanos sexa acollida polo voso alumnado e entre todos unamos as nosas voces e esforzo para construír un mundo mellor.
Grazas
Andrés Esteban, Vicedirector do IES de A Pobra do Caramiñal.
CONCURSO DÍA DA RECICLAXE
PROMOVIDO POR SOGAMA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO BAIXO O TÍTULO “RECICLA AS TÚAS IDEAS E CONVÉRTEAS EN ARTE” PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE
Bases concurso Día da Reciclaxe a través das redes sociais_Abril 2016
Educación fixa as avaliacións de sexto e terceiro