Daily Archives: 25 abril, 2016
Campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade
Informar que está aberto o prazo para os seguintes campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade:
- Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016. Para persoas cunha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% e outro requisitos concretos; a partir dos 11 anos de idade. Prazo aberto ata o día 30 de abril de 2016. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.
- Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no Porgrama Campaña de Verán 2016. Prazo aberto ata o día 23 de abril. No caso de prazas reservadas para persoas con discapacidade, se lle esixe idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade (ter cumpridos os 9 e non ter cumpridos os 18 ao inicio do campamento) e unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, cunha serie de requisitos máis concretos. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.
Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.
Concello de Boiro.