Monthly Archives: noviembre 2021

2ª ENTREGA DO «DÍGOCHO EU» METEOROLÓXICO

Mensaxe de Cornelio Filiberto

Bo día
Contactamos con vos desde a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia para anunciarvos que Cornelio Filiberto, axudante en Galicia do Rato Pérez, estará no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h., recollendo os dentes de leite da rapazada, para llos entregar as científicas e científicos do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana) na 8ª Campaña de Recollida de dentes de leite.

¿Para que os queren? Pois para diversos fines científicos, que van desde o estudio da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicos.

É importante que saibades que a Unidade de Cultura Científica do CSIC da apoio en Galicia a este proxecto de Ciencia Cidadá no que se recollen mostras biolóxicas. É por isto que, antes da entrega dos dentes, é necesario completar un formulario con diversos datos persoais e biolóxicos das nenas e nenos doantes,  e da súa familia (sexo, idade actual e idade cando se lles caeu o dente, tipo de alimentación, etc.). Ademais, nais ou pais deben asinar un consentimento informado sobre o uso que recibirán ditos dentes (asegurase o anonimato e a confidencialidade) polo que é importante que un deles polo menos, este na entrega.

A colección do CENIEH xa recolle a mais de 3.000 pezas dentais grazas a centos de doantes!!!

A rapazada que participe na doazóns terá de agasallo: un cepillo de dentes, unha entrada á Casa Museo do Rato Pérez (en Madrid, non inclúe gastos de desprazamento, aloxamento, etc.), e un diploma do propio Rato Pérez agradecendo a colaboración coa ciencia.   

Axuntase:

Mensaxe de Cornelio Filiberto para animar ás familias a entregar os dentes de leite:
https://we.tl/t-SWBb8eEYrD

Imaxe do Rato Pérez apoiando a Campaña:
https://we.tl/t-Au7S1Bw8i5
Saca os dentes do caixón e dóaos á Ciencia! Cornelio Filiberto espéravos no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h.

Ata pronto!!!

Programa de saúde bucodental en escolares

O concello de Boiro promove este programa organizado por profesionais na odontoloxía (odontólogo e hixienista bucodental) para o alumnado de todos os CEIPs do concello que se atopan no 2º e 6º nivel de primaria. Consiste en realizar un estudo, un exercicio pedagóxico e un seguimento para a mellora das dinámicas e saúde do alumnado durante este curso.

Todas estas accións se realizarán nos centros educativos acompañados da persoa titora e das persoas especialistas que realicen a acción.

Temporalización

1º trimestre:

  • Entrega dun maletín aos participantes con guías e materiais de hixiene.
  • Charla explicativa do que vai a consistir o programa.
  • Revisión e remisión de informe individualizado e confidencial ás familias de todo o alumnado participante.
  • Formación sobre anatomía e principais enfermidades buco-dentais.
  • Charla formativa e práctica sobre un correcto cepillado e hixiene bucal.
  • Inicio da fluorización semanal.

2º trimestre:

  • Fluorización semanal.
  • Asistencia de todo o alumnado de 2º e 6º a unha obra de teatro específica sobre este tema.

3º trimestre:

  • Fin da fluorización semanal.
  • Revisión bucal de seguimento e remisión de informe avaliativo do programa a todas as familias do alumnado participante.

Agardamos que o programa sexa do seu interese e animen a todo o alumnado a participar.

SAÚDOS

MAGOSTO 21

Estimadas familias, este venres 5 de novembro celebraremos o Magosto no centro.

Organizamos para esa xornada degustación de castañas asadas e xogos populares no patio. Cada alumna e alumno aportará 1 euro para o castañeiro que nos acompañará.

Aconsellamos que para esa xornada traian roupa cómoda e abrigada.

SAÚDOS, e grazas pola colaboración.