Programa de saúde bucodental en escolares

O concello de Boiro promove este programa organizado por profesionais na odontoloxía (odontólogo e hixienista bucodental) para o alumnado de todos os CEIPs do concello que se atopan no 2º e 6º nivel de primaria. Consiste en realizar un estudo, un exercicio pedagóxico e un seguimento para a mellora das dinámicas e saúde do alumnado durante este curso.

Todas estas accións se realizarán nos centros educativos acompañados da persoa titora e das persoas especialistas que realicen a acción.

Temporalización

1º trimestre:

  • Entrega dun maletín aos participantes con guías e materiais de hixiene.
  • Charla explicativa do que vai a consistir o programa.
  • Revisión e remisión de informe individualizado e confidencial ás familias de todo o alumnado participante.
  • Formación sobre anatomía e principais enfermidades buco-dentais.
  • Charla formativa e práctica sobre un correcto cepillado e hixiene bucal.
  • Inicio da fluorización semanal.

2º trimestre:

  • Fluorización semanal.
  • Asistencia de todo o alumnado de 2º e 6º a unha obra de teatro específica sobre este tema.

3º trimestre:

  • Fin da fluorización semanal.
  • Revisión bucal de seguimento e remisión de informe avaliativo do programa a todas as familias do alumnado participante.

Agardamos que o programa sexa do seu interese e animen a todo o alumnado a participar.

SAÚDOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *