Monthly Archives: diciembre 2021

3ª ENTREGA DO «DÍGOCHO EU» METEOROLÓXICO

Con esta terceira entrega pechamos este 2021 un tanto atípico meteorolóxicamente falando, pero volveremos no 2022 con novas entregas e programas a través da BaiaRadio. Desexamos a todas as familias un BO NADAL.

Somos ciencia

Nadal 2021

Luns 20… concertazo

Martes 21 chocolatada, videoconferencia cos paxes e outras actividades!

A PALABRA DO ANO 2021

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren, a través do Portal das Palabras, a fase de votación popular para escoller a Palabra do Ano 2021. Tras a fase de recollida de suxestións, as voces finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo.

O prazo de votación permanecerá aberto ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro de 2021 nesta ligazón:

http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

Agradecemos a súa axuda na difusión desta iniciativa entre o profesorado, o alumnado e demais membros da comunidade educativa do seu centro.

Saúdos cordiais,

Comunicación
Real Academia Galega (RAG)
Rúa Tabernas, 11
Apartado de Correo 557
15001 – A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Fax: 981 21 64 67
comunicacion@academia.gal
academia.gal