Monthly Archives: mayo 2015
CONCERTO Baia Rock Band
ENTRADAS ESGOTADAS
CONVIDAMOS A TODOS OS PAIS/NAI E MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO, Ó CONCERTO EN DIRECTO DA BAIA ROCK BAND.
XOVES 18 DE XUÑO
DOUS PASES, ás 13:00 ou ás 19:30. CANCELADO PRIMEIRO PASE, ESGOTADAS ENTRADAS PARA O SEGUNDO PASE!
Como temos aforo limitado e para organizalo o mellor posible, emitíronse entradas gratuitas que podedes recoller na Secretaría do Centro.
VISITA DE ALICIA BORRÁS
O venres, 22 de maio, visitounos a escritora Alicia Borrás.
Os nenos/as de 6º leron, durante o curso, dous libros escritos por ela:
«Nata y chocolate» e «Nata y chocolate invencibles»
Disfrutamos moitísimo coa lectura dos seus libros e tamén coa súa visita. Alicia contestou pacientemente todas as preguntas que lle fixemos e firmounos todos os libros.
Gracias, Alicia!!!
Mirando o ceo nocturno…
Tódolos días vemos o ceo, pero… mirámolo moitas veces????
Para poder mirar o ceo, debemos ter referencias e poder situarnos.
Hoxe poderás aprender a miralo.
Esta noite, ás 22:30 poderás ver no ceo -que aínda estará azul- un triángulo formado pola Lúa, un punto brillante ao seu carón -un chisco máis arriba á dereita- que é Venus, e outro punto -máis tenue arriba á esquerda- que é Xupiter.
Ás 22: 45 enriba de Venus e formando con el un V aparecen dous puntos luminosos. O da esquerda é Polux (unha estrela xigante vermella) e o da dereita é Castor (un sistema de 6 estrelas, que nós vemos coma unha porque está moi lonxe). Cástor e Polux son as estrelas principais da constelación de Xémini.
RISAS A ESGALLA CO «CIRCO CHOSCO»!
O xoves 21 os nenos/as de 6º e 1º fomos ata á Cachada para ver un show circense chamado o «Circo Chosco». Nós e outros colexios que alí estaban, pasamos un rato moi bo onde foi imposible aguantarse a risa.