Monthly Archives: junio 2025

MATERIAIS AULA 25/26

Iremos indicando nesta páxina a listaxe de material necesario para cada nivel educativo.

PLAN PROXECTA

Aquí estan os alumnos de sexto probando os videoxogos que realizaron este curso

Matrícula en liña

Desde este curso poderá realizarse a matrícula non presencial. Estas son as instrucións precisas e a documentación que se debe achegar.

OUTROS

Se queren realizar a matrícula no centro poden descargar os seguintes documentos, ou darémosllos fisicamente no portelo de secretaría.

Banco de libros ANPA

Desde o venres 20 poden apuntarse para facer uso do banco de libros de texto que xestiona a Anpa.

Para participar chega con enviar un correo electrónico (anpatorredegoians@gmail.com) indicando o nome do alumno e o nivel educativo para o que vai a precisar os libros o próximo curso.

Aquelas familias que queiran doar os seus libros, poden deixalos na Secretaría do Centro.

Obxectos perdidos

Colocamos fronte a xanela de secretaría a roupa e obxectos perdidos. Se teñen que realizar algunha xestión no centro, aproveiten para comprobar se algunha das prendas ou obxectos pertence ao seu fillo ou á súa filla.
https://centros.edu.xunta.gal/ceipsantabaia/gl/node/11
SAÚDOS

Festa fin de curso ANPA

Actividades extraescolares 2025-2026

Podedes deixalo fisicamente na caixa de correos da anpa ou enviar por correo electrónico (anpatorredegoians@gmail.com)

Libros de texto 2025/2026

Esta é a listaxe dos libros de texto cos que traballeremos o próximo curso.

CAMBIO DATA: Día da bici, sexta xornada sen CO2

Para o MÉRCORES 18 de XUÑO realizaremos no centro a Sexta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello. Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio ás 8:30horas, e volta (13:45h).

Colaboración da Policía Local (seguridade vial) e Protección Civil (provisión de vallas no aparcamento do centro).

Esperamos que nos acompañen

SAÚDOS

Memoria club lectura

PRESENTACIÓN

Clica no enlace e coñecerás o proxecto deste curso.

PRESENTACIÓN