Monthly Archives: abril 2019
STOP MOTION
Os nenas e nenas de 5ºC e 2ºC estamos a traballar «Coller as rendas» de Yolanda Castaño.
Ocurréusenos que podiamos dar movemento aos protagonistas
dos seus poemas.
Pero, como?…
Escoitaramos falar do stop motion e empezamos a investigar. Fixemos bonecos de plastilina, decorados, fotografías… e empezaron a xurdir dúbidas. E que mellor manera de solventalas que coa axuda de David Pouso, antigo alumno deste centro.
Por un día, David volveu á que foi a súa escola, pero esta vez como experto en Ciencias Audiovisuais.
Grazas polas túa axuda, David.
David recoméndanos estes vídeos para seguir aprendendo.
VISITA DE ALICIA BORRÁS
BAIA RADIO 5
BAIA RADIO 4
DÍA DA CONCIENCIACIÓN MUNDIAL SOBRE O AUTISMO
A xornada do martes resultou moi novidosa e satisfactoria para toda a comunidade educativa. Ademais da importancia de cara a INCLUSIÓN, DIVERSIDADE e VISIBILIDADE da que falaba (minuto 0:35 a 0:50) o actor Jesús Vidal, ao recoller o Goya pola súa participación en “Campeóns”https://www.youtube.com/watch?v=hq0Kpm7yvfM, case 5 minutos de sinxelas e sinceras palabrassobre a diversidade.
Volvendo á nosa xornada… a actividade dou comezo ás 9:40 e tras visitar cada unha das estacións preparadas rematou ás 12:55, facendo unha pausa durante o recreo.No seguinte vídeo deixase de manifesto o que dou de si a xornada: